En marcha o Programa de Difusión Social do Castro das Barreiras
O mellor xeiro de aproveitar o patrimonio é difundilo. Para iso, o departamento de Cultura do Concello de Vimianzo dá comezo hoxe o Programa de Difusión Social do Castro das Barreiras, un programa que servirá para que os veciños e veciñas de Vimianzo coñezan a impotancia deste xacemento castrexo.
Os primeiros que van ter a oportunidade de visitar o Castro, da man do arqueólogo Ángel Concheiro, serán os 74 alumnos e alumnas do CEIP de Baíñas. A xornada divulgativa comezará arredor das 11:15 da mañá na Casa da Cultura, onde os nenos e nenas serán recibidos polo alcalde de Vimianzo e polo arqueólogo.
Tito Concheiro daralle unnha breve charla explicativa para que logo poidan aplicar os coñecementos na visita ao xacemento que realizarán a continuación.
Na vindeira semana continuarase con este programa e está previsto que se acheguen ao Castro os alumnos do IES Terra de Soneira e do CEIP San Vicenzo de Vimianzo.
E esperemos que os centros educativos de toda a bisbarra se unan a estas fantásticas sesións divulgativas.
Novas relacionadas
- O concello de Vimianzo afeita o Castro de Barreiras e agarda o permiso de excavación.
- Vimianzo presenta un completo programa cultural de outono.
Máis novas
- 25-10-10: Piden a catalogación do Castro de Barreiras como Ben de Interese Cultural.
- 14-10-10: O Castro de Barreiras: o expediente X da arqueoloxía galega.
- 07-07-10: Patrimonio limpa de novo o Castro de Barreiras pero non propón novas ideas.
- 26-10-09: A Xunta recupera por fin o Castro de Barreiras.
Máis novas arquoelóxicas
- Unha expedición arqueolóxica estudia os petroglifos da Campaíña, Fieiteira e Regadiña.
- A boina de Dombate xa ten a primeira pedra.
- O Concello de Vimianzo negocia a apertura dos Bens de Interese Cultural.
- Escarvando na lenda de San Guillerme.
- O castro tapado de Laxe.
- Un campamento viquingo na Costa?.
- 188 xacementos no Atlas arqueolóxico da comarca de Fisterra.
- Un Parque Arqueolóxico do Megalítico para toda Costa da Morte.
- A Ruta das Antas.
Que pasou na Costa, con Víctor Castiñeira
- I: Que pasou na Costa: descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.