Mércores. 01.05.2024
El tiempo

FSF: Segunda vitoria viaxeira para o Fisober

FSF: Segunda vitoria viaxeira para o Fisober
As costeiras do Fisober volveron de Alcorcon cunha vitoria

Sumaba a segunda vitoria do curso o Fisober na 2ª División Estatal. E o facía tras unha nova viaxe a Madrid. Unha desas viaxes que as costeiras recordarán toda a vida.

Os equipos da Liga Provincial descansaban, agás o Lira, que sufría unha severa derrota ante o Viaxes Amarelle C, nun choque atrasado.

Mentres, as Eva e Patri seguen afianzándose como fundamentais no Viaxes Amarelle da máxima categoría. De feito, fantástica a participación da ex do Fisober, Eva, como a mellor porteira da xornada, formando parte do quinteto inicial.

Eva no 5 inicial da xornada na 1 Estatal de FSF

2ª División Estatal, xornada 13

  • Resultado: Alcorcón “B” - Fisober (1-2).
  • Fisober: Leti, Ana, Inés, Noelia e Myrella; tamén xogaron: Mai e Laura.
  • Goles: 0-1 Noelia, 1-1 Huda, 1-2 Inés (descanso).

Partido disputado na tarde do sábado no P.M. Santo Domingo de Alcorcón co que se poñía fin a primeira volta. O Fisober grazas a un gran traballo e concentración defensiva durante os corenta minutos, sumado a que desta vez si aproveitou as oportunidades e o chisco de sorte que sempre fai falla, acadou unha importante vitoria a domicilio que os saca de momento dos postos de descenso.

Arrincaba o partido moi definido, dominio do Alcorcón e as costeiras repregadas tentando saír rapidamente a contra. E así pasaban os minutos, sen saír ningún dos dous equipos do seu guión. O traballo do Fisober lograba os seus froitos, o esforzo e concentración de cada unha das costeiras que aparecían pola pista era encomiable. E así foi como se chegou a uns últimos dous minutos tolos da primeira metade onde se marcaron os tres goles do partido.

Golpeou primeiro Noelia para as costeiras despois dunha xogada de saque de banda. Case non puideron saborear o gol as costeiras, xa que no mesmo minuto a local Huda poñía a igualada no electrónico nun lanzamento de falta. E cando se chegaba o último minuto da primeira metade chegou o que puido ser o momento chave do partido cando Jesica desaproveitou unha inmellorable ocasión ante Leti para adiantar as locais e acto seguido unha contra visitante era finalizada por Inés para levar o Fisober en vantaxe o tempo de lecer.

Na segunda metade as locais puxéronlle unha marcha máis o partido se cabe. O Fisober debía redobrar esforzos se quería sacar algo positivo desta difícil pista e así o fixo. As xogadoras da Costa deixaron ata a última gota de suor para acadar a vitoria.
O partido practicamente desputábase na media pista que defendía o Fisober. Pero o xenial traballo defensivo das xogadoras visitantes non deixaba que se movera o electrónico. E se o entramado defensivo era superado aparecían ou Leti ou os paus que desta vez decidiron xogar co Fisober. Co paso dos minutos o dominio local era máis abrumador, pero a contra apareceron oportunidades que puideron matar o partido a máis clara para Inés.
Os últimos minutos foron dramáticos a xa curta rotación visitante pola baixa de última hora por enfermidade de Raquel sumouse a lesión de Inés. Os folgos xa eran poucos e o acoso cada vez maior, pero as locais non atopaban o gol do empate e iso daba un último empurrón as costeiras para seguir loitando. Nos últimos dous minutos o Alcorcón sacou o ataque de cinco, pero non foi quen de acadar o seu obxectivo.

Vitoria de moito prestixio para as costeiras que traballaron arreo para acadala e que desta vez tiveron a sorte que outras veces lles deu as costas esta tempada. Con esta vitoria, o Fisober suma 7 puntos, e adianta ao Mora, quedando 3ª por abaixo.
A vindeira semana xornada a domicilio de novo, toca render visita o segundo clasificado o Leganés.

Liga Provincial, xornada 12

  • Resultado: Concello Carnota-Lira - Viaxes Amarelle FSF C (1-9)
  • Concello de Carnota-Lira: Lia, Alba, Martina, María, Bárbara (cinco inicial), Inés, Leti, Sandra.
  • Goles: 0-1 Goretti (min. 15); 0-2 Goretti (min. 16); 0-3 Paula (min. 19); 0-4 Paula (min. 20); 0-5 Goretti (min. 22); 0-6 Tati (min. 24); 0-7 Martita (min. 33); 0-8 Lia (min. 34); 1-8 Alba (min. 37); 1-9 Goretti (min. 40).

Partido aprazado da 12ª xornada, e no que líder, o equipo cadete do Viaxes Amarelle, foi a por todas. A primeira metade comezou cuns minutos iniciais de tenteo entre os dous equipos onde ningún conseguía abrir o marcador. A medida que pasaban os minutos, o equipo local íase facendo máis forte e nos últimos cinco minutos da primeira parte deixou prácticamente sentenciado o partido con catro goles consecutivos, dous de Goretti e dous de Paula, que deixaban o marcador nun 0-4 ao chegar ao descanso. Na reanudación, co partido prácticamente resolto, as herculinas seguiron pelexando por aumentar a súa renda e froito do traballo chegaron un novo gol de Goretti aos dous minutos de xogo e un de Tati, dous minutos máis tarde, que deixaban un 0-6, insalvable para as locais, en vista do xogo das herculinas.


1ª División Estatal, 14ª Xornada

Patri afianzase no Viaxes Amarelle
  • Resultado: Ourense Envialia 2 - 1 Viaxes Amarelle.
  • Viaxes Amarelle FSF: Eva, Cris, Dolo, Patri, Espi (cinco inicial), Lidia Mesías, Noe, Tati, Yaiza.
  • Goles: 0-1 Cris (min. 1); 1-1 Bea Seijas (min. 24); 2-1 Bea Seijas (min. 36).

O Viaxes Amarelle FSF puido sacar algún punto da súa visita a Ourense, pero faltoulle un pouco máis de fortuna e nun partido contra un rival complicado, as xogadoras dirixidas por Chipi acabaron caendo derrotadas por un marcador de 2-1, malia empezar o partido por diante, co 0-1 anotado por Cris.

En conclusión un partido que se prevía complicado, pero onde as herculinas puxérono todo sobre a mesa para conseguir puntuar, e onde quizais o máis xusto esta tarde fose un reparto de puntos, pero toca seguir traballando para conseguir definir os partidos con máis solvencia.

O Viaxes Amarelle FSF nesta próxima semana afrontará dous encontros. O primeiro deles terá lugar este próximo mércores 21 de xaneiro de 2015 ás 21:30 horas no Municipal de Sagrada Familia (A Coruña) en semifinais de Copa Xunta a partido único contra o Ourense Envialia FSF. E o seguinte partido o vindeiro sábado 24 de xaneiro de 2015 ás 16:00 horas no Municipal de Sagrada Familia (A Coruña) recibindo a visita do Majadahonda FSF no último partido da primeira volta da competición nacional.


Máis información

Novas relacionadas

Crónicas anteriores

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.

Comentarios