O Asalto ao Castelo 2013 arrinca con cartel, historia e elenco


Xa temos cartel do Asalto ao Castelo 2013. Polo menos sabemos as bandas, á espera que Ghillermo desvele o deseño do cartel. Puidemos saber as bandas e varios dos actores da obra trala Gala-Casting, que este ano celebraba a súa terceira edición para arrincar este 18 anos desta festa chamada a ser, a pesar dos inconvintes da administración, de Interese Turístico.
E a xente do Asalto quere celebrar a súa maioría de idade por todo o alto. Ducias de persoas acodiron á presentación, dirixida polos bravos da Cherinkas, para coñecer os grupos e o elenco.
Así, o Programa xa está completo para o ese sábado 6 de xullo, pero tamén para toda a semana, coa Semana Cultural, os Pinchos Irmandiños, o PreAsalto coa Procesión da Santa Compaña Irmandiña e a Charanga Fantástica, o Concurso de Fachadas, a Feira Artesanal, a Cea Medieval, os xogos infantís... Aí é nada!
O Cartel de bandas
O auténtico bombazo do programa será a chegada de Luar na Lubre, que chega a presentar na Costa da Morte o seu novo disco "Mar Maior", coa impresionante voz de Paula Rey. Serán eles os que abrirán o Festival a partir das 22:30h, antes da representación teatral, que terá lugar coma sempre á media noite.
Á volta, sobre a 1:30h, e chega da man de Los Fulanos, unha das grandes bandas triunfadoras da escena alternativa, que nos achegará ritmos quentes da salsa, o boogaloo e o groove co seu explosivo directo. Sen tempo para descansar toca cita con Le Magnifique Bande dos homes sen medo, festa galega divertidísima para non parar de bailar. E para rematar, fliparemos cos Residuos Atractivas, que mesturan un espectáculo de punk, folk e risas: "palleiro punk" que lle din.
Unha representación volvendo ás orixes

Durante a gala, Ghillermo Méndez, o auténtico armadanzas do motor do Asalto ao Castelo, a representación, explicou a historia da mesma. E coma sempre, a cousa está máis que traballada. Se os pasados anos xa vivimos a revolta con todas as consecuencias, este ano, Ghillermo levarános un tempo máis atrás daquel 1467 das revoltas. A obra situarase no 1429 para repasar as orixes das mesmas, cando un humilde e inocente campesiño se convertirá nun malvado Arzebispo, que este ano volverá ser representado polo grande Juan Antonio Rama.

Máis información
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- O Concello de Vimianzo presenta alegacións á negativa da Xunta a declarar o Asalto Festa de Galicia de interese turístico.
- O Asalto quere encher de cor a vila co Concurso de Fachadas.
- Os pinchos irmandiños e a feira artesanal botan a andar o XVIII Asalto ao Castelo.
- Asalto irmandiño aos institutos de Vimianzo.
- 23-05-12: O Pleno vimiancés debatirá solicitar que o Asalto sexa Festa de Galicia de Interese Turístico.
- O Asalto quenta motores para este 2013.
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Novas festivaleiras
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
- Reincidentes e O Funkillo para celebrar #10anosdemusica do Castelo Rock.
- Loquillo e Corizonas, os primeros grandes nomes do #NordestazoRock2013.
- O Festival V de Valarés quenta motores con 3 artistas confirmados.
- Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada.