O Asalto quece motores coa Gala-Casting
18:15 24/05/13
O vindeiro sábado 1 de xuño de 2013 celebrarase por segundo ano a Gala de presentación do ASALTO 2013.
O Casting de actores que formarán parte da Representación Teatral do Asalto ao Castelo será un dos puntos fortes da gala. Búscanse heroes irmandiños e nobres opresores, así como tamén os xa clásicos defensores da fortaleza.
Organizado por A.X.Cherinkas, a gala revelará moitas máis incógnitas deste Asalto que cumple a súa maioría de idade e que promete emocións fortes. Poderedes desfrutar en primicia de:
- Presentación das novidades da festa.
- Presentación da camiseta oficial 2013 e outro merchandising.
- Presentación do cartel oficial 2013.
- Presentación dos vídeos promocionais da festa.
- Coñecer e ver os pratos que conformarán a VI Ruta dos Pinchos irmandiños
- Actuacións sorpresa...
O acto terá lugar ás 20:30h no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo.
Previamente a todo isto, os mais cativos poderá desfrutar e saltar nos inchables que se colocarán no exterior da Casa da Cultura en horario de 17:30 a 19:30, por xentileza de Aquacenit, S.L.
Máis información
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- O Concello de Vimianzo presenta alegacións á negativa da Xunta a declarar o Asalto Festa de Galicia de interese turístico.
- O Asalto quere encher de cor a vila co Concurso de Fachadas.
- Os pinchos irmandiños e a feira artesanal botan a andar o XVIII Asalto ao Castelo.
- Asalto irmandiño aos institutos de Vimianzo.
- 23-05-12: O Pleno vimiancés debatirá solicitar que o Asalto sexa Festa de Galicia de Interese Turístico.
- O Asalto quenta motores para este 2013.
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Novas festivaleiras
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
- Reincidentes e O Funkillo para celebrar #10anosdemusica do Castelo Rock.
- Loquillo e Corizonas, os primeros grandes nomes do #NordestazoRock2013.
- O Festival V de Valarés quenta motores con 3 artistas confirmados.
- Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).