Os Concellos de Carballo, Vimianzo e Zas pregúntanlle á Xunta polas obras da Autovía
Continúa a parálise de máis de ano e medio das obras da Autovía Costa da Morte. Hoxe son os alcaldes de Carballo, Zas e Vimianzo os que lle envían un escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández Fernández, preguntándolle ao respecto do estado das obras da autovía Carballo - Berdoias.
Os tres alcaldes do BNG, de concellos todos eles afectados pola infraestrutura, pregúntanlle á Xunta polos "motivos da continuidade da execución das obras da autovía, así como o tempo que previsiblemente continuarán neste estado".
Os alcaldes manifestan ademais que "ao longo do trazado desta nova vía existen moitos camiños e vías públicas inutilizados como consecuencia dos traballos executados no inicio das obras, e que tantos trastornos estiveron a ocasionar nese ano logo de parálise, ademais de que nagún destes treitos existen cortes con desniveis sen sinalizar axeitadamente co conseguinte perigo para a circulación".
Indican ademais que "se esta paralización se prolonga no tempo causaría a maiores prexuízos ao tecido social e económico da Costa da Morte".
Novas relacionadas
- 11-09-13: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 14-03-13: O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016.
- 04-03-2013: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 05-02-13: A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte.
- 08-10-12: A Xunta rectifica as verbas de Hernández e insiste en que a Autovía non está paralizada.
- 26-09-12: A Xunta ratifica os retrasos na Autovía ante a falta de financiamento da empresa.
- 22-09-12: A Autovía que separa.
- 20-09-12: A Autovía da Costa da Morte non estará rematada no 2013.
- 19-09-12: Os alcaldes da Costa únense ante a paralización das obras da Autovía.
- 06-06-12: As máquinas volven á Autovía e a Xunta asegura que se cumplirán os seus prazos.
- 24-04-12: O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe.
- 13-04-12: Os camións da Autovía paran.
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do BNG.