Venres. 29.03.2024
El tiempo

Velaivén Serj co seu primeiro disco baixo o brazo

Velaivén Serj co seu primeiro disco baixo o brazo
Serj-Disco Velaiven-Costa da Morte-Vimianzo

Xa ten armado o temazo para o 20º aniversario do Asalto ao Castelo (e pode que sexa o single!). Pero o vimiancés Serj ten primeiro unha cita moi especial. Este vindeiro 7 de marzo, a Casa da Cultura da súa vila natal acollerá a presentación do seu primeiro disco, “Velaivén”.

Unha gala completa, a partir das 19:30h e que será conducida polo seu veciño, o presentador da TVG Alberto Mancebo. Nela, poderáse disfrutar, en primicia, do vídeo do primeiro single do álbum, “Costa da Morte”, rodado en varios espazos naturais da contorna. E por suposto, poderemos escoitalo en directo.

Coñecendo a Serj

Sergio Trillo Rama, sempre coñecido por Serj na zona, nacía en Vimianzo aló polo 1982. Arrincaba a súa carreira na música tradional, no que chega a impartir clases de pandeireta e gaitas, e a formar parte de agrupacións tracionais como a compostelá Cantigas e Agarimos.

Leva xa un par de anos facendo das súas inquedanzas e influencias un modo de ver a música. Despois de formar unha banda costeira, ColDaySun, e de percorrer a xeografía galega, embárcase nunha aventura en solitario, en acústico, coa súa guitarra como única compañeira de viaxe. Debutaba en Camelle, percorría cada bar da Costa da Morte e de Galicia, mentres vai creando este Velaivén, o seu primeiro disco.
Un disco que con 11 cancións, 10 en galego e 1 en castelán. Un disco enerxético, con espazp para os teclados e sintetizadores, composto, gravado, producido e masterizado por el mesmo.

Atentos teremos que estar tamén ao proxecto paralelo que ten na Coruña, xunto ao baixista Ale Cambón e o batería Bruno Couceiro, un trío de rock galego, que precisamente son os autores dese bo single do Asalto.

Xa temos escoitado como lle canta á súa Costa da Morte, así que hoxe imos deixarno cun temazo en acústico dos The Waterboys, nun vídeo feito por “Masando Pulpos Producións”:

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas musiqueiras

Fonte

Comentarios