Vimianzo convírtese esta noite no punto de encontro do Fútbol da Costa coa Gala QPC

Os prezados balóns da Olería de Buño feitos por Feituras

Esta noite de venres 13 de xuño, ás 21:00h, a Casa da Cultura de Vimianzo acolle a X Gala do Fútbol da Costa - QPC. O punto de encontro anual do noso deporte rei, que porá o broche de ouro á temporada 2024/2025.

Unha Gala moi especial na que entregaremos o O 11 ideal da Década, e lembraremos nomes que quedarán para sempre na nosa memoria como Alejandro Torrado, Alex Pombo, Lucas Vicente Vidal, ou Abdoulaye.

Unha vez que xa todas as finalistas, faremos entrega de máis de 50 prezados balóns da Olería de Buño, o elemento fetiche do noso Fútbol costeiro, tanto para o masculino como para o feminino, que cada ano acolle máis protagonismo.

Será o irmandiño Michel Antelo, un dos organizadores do Asalto ao Castelo, o que dirixa a Gala, e será Demelsa Marcote a que nos saque unhas risas.

As portas están abertas e ao remate haberá uns pinchos gracias ao Concello de Vimianzo.

Patrocinadores

Finalistas da Gala

REPASO DAS GALAS