mércores. 11.06.2025
El tiempo

Estes son os finalistas ao Premio Abdoulaye ao Mellor Club de Base e ao Premio Cristalería Vilas á Mellor Directiva

Premio Abdoulaye do Futbol Base da Costa
Na foto grande Abdoulaye, e na pequena, un dos seus irmáns que fixo entrega do Premio cando realizamos a Gala en Muxía
Estes son os finalistas ao Premio Abdoulaye ao Mellor Club de Base e ao Premio Cristalería Vilas á Mellor Directiva

Tras coñecer os gañadores do Premio Especial 11 da Década, e descubrir os nominados aos os árbitros de Delegados do Ano, seguimos mergullándonos na X Gala do Fútbol da Costa-QPC.

Descubrimos xa os finalistas a dous dos premios escollidos por votación absolutamente aberta por parte de 110 persoas vinculadas tanto do fútbol masculino como o fútbol feminino. Recollemos 2 votos por club (adestrador e capitán/á na maioría dos casos), e tamén o de unha decena de xornalistas.

Por un lado recollemos os finalistas ao Premio ao Premio Abdoulaye ao Mellor Club de Base, que segue lembrando ao rapaz senegalés que falecía en 2016 sobre o céspede de Arliña.
E tamén traemos os finalistas para o Premio Cristalería Vilas á Mellor Directiva.

Finalistas ao Premio ao Premio Abdoulaye ao Mellor Club de Base

Se ben houbo votos para 15 clubs, os tres destacados con diferencia son:

  • CF DUMBRÍA.
  • SD SOFÁN.
  • UC CEE.

Finalistas ao Premio Mellor Club Base Futbol da Costa da Morte 2025

Finalistas ao Premio Cristalería Vilas ao Premio á Mellor Directiva

Este é unha das votacións máis repartidas desta Gala. Ata 25 directivas, dos 34 clubs existentes, recibiron algún voto, o que dá conta do bo traballo na meirande parte das nosas entidades.

Os finalistas son:

  • SD SOFÁN.
  • CF DUMBRÍA.
  • SONEIRA SD.

Finalistas Mellor Directiva Gala Futbol da Costa 2025

Máis novas da Gala

REPASO DAS GALAS

Comentarios