domingo. 10.11.2024
El tiempo

Vimianzo demostrou a súa solidariedade con Ucraína cunha comprometida Gala

Gala Ucraina Vimianzo
Vimianzo demostrou a súa solidariedade con Ucraína cunha comprometida Gala

Máis de 150 persoas asistían este venres á Gala Solidaria co pobo Ucraíno que organizaba o Concello de Vimianzo. Unha gran acollida que permite que sexa unha boa cantidade a que se poida destinar á Coordinadora Española de Organizacións para o Desenvolvemento.

Déronse cita a Escola Municipal de Música Tradicional e Moderna, o Coro Municipal, Irma Macías e Xaquín Rama, Jaime Lema, Suso Andrea, o dúo José e Pepe, a banda de gaitas da AC Trubisquiña, a banda de gaitas O Revoltixo de Carantoña, a charanga Pasarela Big Band, os Bastardos de Rivera e Teima.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer “o compromiso de parte do noso tecido cultural, neste caso do ámbito musical, para con esta causa”, enfatizando que “desde as organizacións comentóusenos que a mellor maneira de poder prestar axuda era a través de aportacións económicas, e que mellor que unha gala deste calibre para que Vimianzo amose, unha vez máis, o seu lado máis solidario”.

Gala Solidaria con Ucrania en Vimianzo

Novas sobre Ucraína

Comentarios