Luns. 06.05.2024
El tiempo

A Carballeira de Zas quere coidar a súa marabillosa contorna

festa-carballeira-zas-vaso-ecoloxico 3
A Carballeira de Zas quere coidar a súa marabillosa contorna

Moito máis que música é a Festa da Carballeira de Zas. Consciente de que o seu maior tesouro é o seu espazo, a festa quere vincular a festa co medioambiente. De aí que nos últimos anos tomase medidas para axudar a reducir a cantidade de lixo que se xenera nun evento coma este, e facer que a Carballeira de Velar sufra o menos posible.

A carballeira conforma unhas gradas naturais que o converten lugar perfecto para desfrutar dos concertos que se veñen celebrando nos últimos agostos e que é un referentes da música celta nacional e internacional.

Unha das primeiras iniciativas en levarse a cabo foi a venda e o emprego do xerro, que si ben era un recordo da festa, tamén se empregou dende os primeiros anos da carballeira coma recipiente reutilizable para beber a queimada, uso que se lle segue dando a día de hoxe, ademais de servir como apoio e posta en valor da artesanía de Buño.

Xerro Carballeira Zas oleria Aparicio
Xerros da Carballeira Zas feitos por Olería Aparicio

Ademais do xerro outras das medias que se levaron a cabo dende a organización para reducir a cantidade de lixo foron a prohibición de entrada no festival de persoas con botellas de vidro e plástico, o que fixo que a redución de lixo fora significativemente máis baixa, a pesar do polémico da medida tomada, máxime cando ningún outro festival nin festa pola zona facía nada similar. Segundo Fidel Otero, director do festival “Esta iniciativa supúxonos bastantes problemas con grupos de mozos na entrada da Festa os primeiros anos, pero dende a organización tíñamos claro que isto iba a repercutir de xeito positivo na cantidade de lixo xerado e levámolo a cabo con todas as consecuencias. Anos máis tarde, vemos que non estábamos equivocamos e que isto se leva a cabo en gran número de festas e festivais”.

A última medida que levaron a cabo dende a organización e coa que conseguiron reducir centos de quilos de lixo nos últimos anos foi o emprego do vaso reutilizable. Este vaso entregase a todos os que o queiran por unha fianza de un euro, que sería devolto no caso de devolver o vaso, polo contrario os asistentes poden quedar con el si así o desexan. Este vaso pódese encher coas diferentes bebidas dispensadas no festival.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios