Os IES Fernando Blanco e Maximino Romero de Lema levan ao Congreso FP Innova os seus novedosos proxectos
Un espazo expositivo para que o alumnado do país coñeza de primeira man as posibilidades da formación profesional, destacando os fitos protagonizados polo noso alumnado.
O centro ceese leva dous proxectos que resultaron premiados en edicións de FP innova nos últimos anos. No stand 20 levan o de “Mantemento preditivo 4.0 para a industria conserveira” e no stand 21 presentan o “Adestrador de elevador operado por sistema periférico”.
Os stands están sendo atendidos polos docentes Bibiana Bértoa e Diego Carril e tamén polo alumnado de 2º do CM Mantemento electromecánico, quen farán demostracións do seu funcionamento e explicarán as características dos proxectos aos visitantes.
Pola súa parte, o centro baiés leva varios proxectos do ciclo básico de FB relacionados coa informática e as texnoloxías como son “Pi Solutions", "Atcarón", "Gavieiro" e Coana”. Coordinado por Marta Diz, o Atcarón (partindo de "ao teu carón" pois é unha tecnoloxía que necesita contacto) baséase no deseño e construción de sinxelos dispositivos de baixo custo baseados en Arduino e na tecnoloxía NFC, pensados para automatizar tarefas da vida cotiá. Unha pulseira que leva un cativo por se se perde ou que leva información sobre as alerxias alimentarias... un chaveiro cunha etiqueta para saber onde están se perdes as chaves... inventos sinxelos para mellorar a nosa vida.
Tamén, o Pi Solutions é outro proxecto para crear ferramentas para establecimentos da contorna. Presentan unha computadora pequena, de baixo custe, que levaría a parte ofimática, a xeración de tickets... para os comercios ou hostalería. Ou unha cámara para vixiar os animais nunha granxa ou para previr roubos de colmenas de abellas a través dun sensor de presenza, explica Diz.
Presentaron tamén unha nube para empresas para gardar arquivos, ou con Coana, un dispositivo para medir para poder detectar as condicións ambientais axeitadas en certos espazos como serían nunha aula ou nun invernadoiro.
O máis importante é ver como a rapazada se desenvolven, explicándolle a compañeir@s de toda Galicia os seus proxectos. "Están disfrutando ao máximo do Congreso, porque para eles é saír da aula, coñecer cousas novas, falar con rapaces da súa idade e alucinan", explica Diz. "Estamos rotando cada día 3 alumn@s e os de onte xa querían repetir", explica, apuntando que moitos dos que non presentaron proxectos pero si que fixeron a visita completa polo Congreso, para o curso que vén queren presentar as súas propias propostas.
"É unha pasada ver como lles explican os seus dispositivos ás rapazas da súa idade. Onte quedei alucinada, apareceu unha rapaza italiana que non sabía galego, e un dos rapaces se puxo a explicarlle todo en inglés, e entendeuno. Isto é un balón de autoestima e liberdade para eles", reflexiona satisfeita aínda no medio da voráxine.
Novas sobre a FP
- "Recomendo apuntarse ao FP Dual porque ten moitas vantaxes para meterse no mundo laboral”.
- O EFA Fonteboa terá un novo Grao Superior de Xestión Forestal e Medio Ambiente.
- As novidades da oferta de FP dos IES da Costa da Morte.
- Alumnos do FP de Informática do IES de Baio levaron o seu proxecto COANA á Maker Faire Galicia.
- A Xunta rexeita FP Dual de Restauración para o IES de Muxía.
- Outubro 21: Unha ceense e un carballés, gañadores nas súas especialidades dos premios GaliciaSkills 2021.