Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O Baio desquítase e endosa 5 ao Agolada para achegarse á 1ª

O Baio desquítase e endosa 5 ao Agolada para achegarse á 1ª
O Baio celebrando un dos tantos-Foto- Santi Diaz

Importantísima vitoria para o Baio ante o Agolada que o achega, e moito, á 1ª Autonómica. Vitoria que chegaba nun aitegado e rendido Platas Reinoso, cunha afección branquiazul para envexar e que demostra o poder do #futboldacosta.

A afeccion branquiazul volcadisima co Baio-Foto- Santi Diaz

Foi o Baio, por terceiro encontro consecutivo, superior ao seu rival, pero desta volta a sorte estivo de cara. Tras dous partidos sen apenas ver porta os pupilos de Félix desquitáronse e endosaron un claro 5-0 ao Agolada. Clave foi a posta en escena no 11 titular de MC, que malia non estar ao cen por cen, nin moito menos, fixo un hattrick e foi o que abriu a lata e fixo mellores a todos os seus compañeiros.

Quedan dúas xornadas e un só partido para o cadro baiés. A vindeira semana descansa, pero pode celebrar o ascenso se o Agolada non gaña ao Sálvora, o que deixaría a última xornada para unha festa na que ambos equipos celebraría o ascenso. Os dous, emais o Mazaricos, pois o ascenso do Baio significaría a permancencia do cadro amarelo na Liga da Costa.

Baio - Agolada (5-0)

O Baio que goleou ao Agolada-Foto-Santi Diaz
  • BAIO: Anxo, Fachal, Mario, Norber, Eloy Lema, Martín, Eloy Vilas, Rubio, Alberto, Martin MC, Christian. Tamén xogaron: Guille, Ramon, Fredi, Yago, Jorge.
  • Goles: 1-0, min.15: MC non perdoa diante do porteiro; 2-0, min.30: MC volve plantarse diante do porteiro e marca o segundo; 3-0, min.35: Cristian; 4-0, min.65: Rubio; 5-0, min.70: MC.
Baio-Agolada-Foto- Santi Diaz

Moi superior dende o comezo o Baio. Saíu a por todas con case que o equipo de gala e maniatou ao seu rival en todas as facetas. Non tardou MC, que viña de xogar uns minutos a pasada semana pero aínda está tocado, en marcar o primeiro. O dianteiro baiés foi clave, como dicimos, para desatar a dianteira branquiazul e superar a falta de acerto cara gol nos dous primeiros partidos. Non pasaban media hora e o ariete asinaba o segundo de novo no man a man ao porteiro, e para celebralo achegábase a unha bancada rendida aos seus pés. Christian puña o 3-0 antes do descanso para deleite da parroquia.

A segunda metade foi un calco da primeira, con control local ante un Agolada que se viu superado en todo momento. Rubio, e de novo MC, puxeron a puntiña, que pon ao Baio moi preto do soñado ascenso.

Ao final do encontro o dianteiro baiés MC recibiu da directiva o premio ao "Xogador máis regular" da tempada 2012-2013, na que anotou máis de 30 goles.

MC recibiu ao finaldo partido o premio ao Xogador Mais Regular-Foto- Santi Diaz

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios