Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Resultados e análise dunha xornada de moito fútbol da Costa

Resultados e análise dunha xornada de moito fútbol da Costa
O Camelle, novo equipo da Liga da Costa-Foto- David Castro

Fin de semana chea de tensión futboleira. E se ben unha das citas deportivas foi ese espectacular Desafío do Atlántico, unha vez que xa repasamos o acontecido no deporte das dúas rodas, imos coa actualidade do #futboldacosta, dos que xa sabedes que tendes todos os cadros en www.copadacosta.com.

Con varias frontes abertas, a máis importante a finalísima polo ascenso á Liga da Costa. E foi o Camelle o que aproveitou o apoio dunha afección volcadísima para convertirse en novo equipo da 2ª Autonómica. Nun Rodeiro abarrotado, cunha afección da UD Cerqueda tamén exemplar, os camelláns se impuxeron por 3-1 e celebran o seu ascenso no seu segundo ano en competición.
Só podemos felicitar ao cadro camellán e a toda a súa afección, así como loubar o gran traballo de toda a familia da UD Cerqueda, que queda por segundo ano consecutivo ás portas do ascenso.

Tamén houbo xornada importantísima na Fase de Ascenso á 1ª Autonómica. O Baio, tras dúas xornadas sen sorte, desquitouse e endosou un claro 5-0, con hattrick de MC, e goles de Cristian e Rubio, ao Agolada. Unha vitoria acadada ante un ateigado e rendido Platas Reinoso que os achega ao soñado ascenso.
A semana que vén tócalle descansar ao Baio, pero se gaña o Sálvora ao Agolada, o cadro baiés será equipo de 1ª Autonómica. E o Mazaricos da Liga da Costa!.

Martin MC fixo un hattrick na vitoria do Baio ao Agolada-Foto- Lorena Martinez

Ademais, xa temos semifinalistas da Copa da Costa 2013. E se ben dúas eliminatorias estaban ben encarriladas, o XSC e o Malpica puideron con Baio e Cerqueda que estaban máis pendentes das outras competicións, nas outras dúas houbo moita brega. A sorpresa chegou no Municipal de Vimianzo, onde o Camariñas é digno semifinalista tras ser superior a todo un Soneira.
Así, quédannos unhas grandes semifinais: Dumbría-XSC e Camariñas-Malpica.

Na Copa da Costa de Veteranos parece que Coristanco e Cabana puxeron un pé na finalísima. Os coristanqueses venceron 5-0 ao Muros, con goles de Carliños (2), Coky, Ton e Toniño. Ademais, o Cabana vencía por 0-2 en Baio cos goles de Peli e Pichel.

E que podemos dicir das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas. Un ano máis os nosos equipos caen ás primeiras de cambio. Só o infantil do XSC pasou de rolda, sendo superior ao Villestro e ten claras opcións de ascenso, ante o Ciudad Jardín. O resto quedaron eliminados nas semifinais. Se os xuvenís do Cabana e os cadetes do Cee xa dicían adeus con duras derrotas na ida, que se confirmaron onte e hoxe, o cadro xuvenil do XSC intentou a remontada pero non foi quen de vencer ao Oroso. A que máis preto o tivo foi a Esteirana Cadete, que tras un temporadón impresionante, onte tivo a prórroga nas mans pero a tensión volveu facer mella nos pequenos xogadores blaugranas que se cadra se viron demasiado presionados por unha afección verdadeiramente exemplar, que encheu o Xosé Luís Vara Olveira e que meteu un aplauso final aos rapaces que estremeceu a toda a parroquia.

A xornada tivo ademais un protagonista laxense. O lateral laxense da SD Compostela Borja Facal, co que xa falara David Castro, deixando a súa pegada na ida das semifinais da Fase de Ascenso á 2ªB co cadro compostelán, que encarrilaba o pase tras vencer 3-0 ao San Juan.
Ademais, o Fabril tamén vencía 2-0 ao Tuilla, e o Celta B por igual resultado ao Multivera.

Copa da Costa, volta dos Cuartos


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, 4ª xornada


Fase de Ascenso á 2ª Autonómica, volta da final

1-0Cerqueda - Camelle1-3

Copa da Costa de Veteranos


Fase de Ascenso ás Ligas Galegas, volta das semifinais


Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios