O IES de Baio afronta a súa Décima Semana Cultural


Completa semana de vertixe cultural a que lle espera aos alumnos do IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas. O Equipo de Dinaminación Cultural do centro ten artellada unha semana, do 5 ao 8 de maio, chea de propostas creativas: música, teatro, natureza, cine, poesía, narrativa, historia, arqueoloxía, obradoiros... un sinfín de experiencias apostando por facer do noso IES un Contedor Cultural aberto á sociedade.
Xa teñen o programa definido para completar o curso do 20 aniversario (abriron ata a web vintenbaio.eu), no que xa coñeceron a realidade do liño, xa voltaron a redescubrir o Bravú e mesmo tiveron unha fantástica semana de cine.
Para esta semana, ademais de lembrar a figura do seu veciño ilustre, Labarta Pose, grandes nomes serán protagonistas, como Pazos de Merexo ou Guadi Galego. Terán tempo para o cine, para ver a última produción galega de éxito, A Esmorga, para a música con Pulpiño Viascón e o último en tecnoloxía musical, para o teatro cos 7 magníficos máis 1, e ata para a natureza cunha fermosa andaina.
Que o disfruten e xa nos contarán!

Máis novas do centro baiés
- Os alumnos de Baio pasan do Bravú ao liño.
- Os alumnos de Baio volven ao Bravú.
- O IES de Baio cumpe 20 anos.
- Unha Semana Cultural de cine no IES de Baio.
- Íntegro animou aos alumnos de Baio a sacarse o Pasaporte Solidario.
- A Illa do Lixo. Unha nova xoia audiovisual do IES de Baio.
- A bitácora da semana (CXLIX): Blog de Antropoloxía do IES Maximino Romero de Lema
- O IES de Baio coida o patrimonio natural dende casa ata o Parlamento Europeo.
- O IES de Baio aprende en todas as frontes.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información e Fotos de Antonio Coté, membro da Comisión de Cultura do IES Maximino Romero de Lema de Baio-Zas.