mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Pedra Do Altar, a urbe romana ocupada entre os séculos I e V por habitantes de alto poder adquisivo

  •  
Lino Gorgoso en Brandomil-achados-prato
Lino Gorgoso cun dos pratos achados na Pedra do Altar, en Brandomil
A Pedra Do Altar, a urbe romana ocupada entre os séculos I e V por habitantes de alto poder adquisivo

Presentou onte o Concello de Zas os principais resultados no marco da cuarta fase de intervencións arqueolóxicas realizadas o pasado mes de setembro na Pedra do Altar, en Brandomil.

O equipo de arqueólogos, dirixidos por Lino Gorgoso, deixaron importantes conclusións, con achádegos que "corrobora a importancia que tivo Brandomil entre os séculos I e V”. Así o explicou o arqueólogo xalleiro nunha rolda de prensa acompañado do Alcalde de Zas, Manuel Muíño; e de Enrique Eduardo Iglesias, da Fundación Brandomil.

Brandomil_ultimas intervencions arqueoloxicas


Entre os achádegos máis importantes destacan unha domus romana cun “tablinum porticado”, unha casa cunha estancia señorial; os alicerces doutra vivenda e diversos materiais (una moeda, pratos, cristais,...) xunto con outros indicadores revelan a presenza dunha ocupada por habitantes cun alto poder adquisitivo.

1.500 pezas para o futuro museo de Brandomil

Brandomil-achados-arqueoloxicos pedra do altar

Nos últimos traballos arqueolóxicos realizados atopáronse unhas 1.500 pezas de diverso tipo que se depositarán proximamente nos museos coruñeses e que se suman ás máis de 5.000 que xa están no Castelo de San Antón (A Coruña). “A idea é que expoñelas todas nun futuro museo en Brandomil”, sinalou Enrique Eduardo Iglesias en representación da Fundación Brandomil.
Segundo explicou Lino Gorgoso, unha boa parte dos materiais atopados realaciónanse co comercio Mediterráneo e entre eles hai unha moeda pertencente á época do emperador Trajano.

Outra das pezas máis singulares atopadas na última intervención foi unha “tégula romana”, unha tella, cun peixe grabado que se relaciona cos inicios do Cristianismo. Aparaceron máis cerámicas con grafitos; un prato con restos de comida e cun selo que indica que procede dun alfareiro do século I da Rioxa e tamén vidros azulados, moi de moda entre os séculos I e II, que probablemente sexan restos dunha botella e dunha copa para rituais. “Todos estes achados corroboran o alto poder aquisitivo dos habitantes de Brandomil desa época”, sinalou o director das escavacións.

Aposta municipal pola arqueoloxía

“Dende o noso goberno municipal entendemos que este é un recurso de gran valor para o noso concello e para a comarca polo que seguiremos apostando por el porque temos constancia de que na actualidade non existe en toda a Costa da Morte nin en toda Galicia un xacemento romano que se estea escavando coa importancia deste”, sinalou Manuel Muíño, Alcalde de Zas.
Durante a súa intervención recordou que o Concello de Zas investiu cerca de 100.000 euros nas escavacións realizadas na Pedra do Altar e na Vía Romana, sempre coa colaboración da Fundación Brandomil, e tamén aproveitou a ocasión para pedir a implicación doutras administracións públicas e privadas.

Máis novas de Brandomil

 

Comentarios