Venres. 29.03.2024
El tiempo

Todo listo para a 37ª Festa da Carballeira

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Imaxe da Carballeira en 2012
Todo listo para a 37ª Festa da Carballeira

Xa non queda nada para a gran Festa da Carballeira de Zas. Este venres 12 e sábado 13 a música invadirá o máxico auditorio natural da carballeira de Velar. Unha festa que na súa 37ª edición estrea o calificativo de Festa de Interese Turístico Galego.

O humorista bergantiñán Roi da Costa será o presentador do festival, e así de contento se amosaba nas redes:

A música arrincará o venres da man de A Banda da Loba, Heredeiros da Crus e Mileth e continuará o sábado dende as 12 do día coa Feira de artesanía e a xa tradicional Mexilloada Popular. A música virá a cargo de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Os Farrapos, a Foliada, Arredores, Deira, Xisco Feijoó, Rura e finalmente pechará Sondarúa.

Pero tamén será unha festa familiar e gastronómica. Unha ampla oferta gastronómica, mexilloada de balde para todos os asistentes, unha gran zona infantil con xogos tradicionais, e a sesión vermú, este ano amenizada por Xabier Díaz, e Aduferias de Salitre, farán da tarde so sábado o momento perfecto para pequenos e grandes.

Ademais, un ano máis, parte da recadación da venda de bonos online irá a parar a unha asociación sen ánimo de lucro. Este ano a entidade elixida foi ASPABER, Asociación de pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños.

As entradas xa estarán a venda anticipada en internet no seguinte enlace ata o próximo venres 12 as 15h: https://www.festadacarballeira.com/entradas/, cun custe de 15€+gastos de xestión o bono para os dous días, e bono de día individual 8€+gastos de xestión. A partir de este momento poderanse atopar na venda en taquilla con prezos de 12€ entrada para un so día e 20€ bono para os dous días.

Horarios Carballeira Zas 2022

NOVAS RELACIONADAS

 

Comentarios