Luns. 06.05.2024
El tiempo

Volve a Semana Cultural para quecer motores de cara á Carballeira de Zas

presentacion-semana-cultural-zas-2023
O Director da Festa da Carballeira, Fidel Otero; o Alcalde de Zas, Manuel Muíño e o Tenente de Alcalde, José Brenlla presentaron a Semana Cultural e a Festa da Carballeira
Volve a Semana Cultural para quecer motores de cara á Carballeira de Zas

Do 7 ao 12 de agosto volve a Semana Cultural de Zas cun potente programa de actividades culturais que presentaron onte a Semana Cultural, unha gran cantidade de actividades nos días previos á Festa da Carbelleira. Os dous son eventos de enorme relevancia para o Concello e que nos sitúan como referentes da cultura e da música folk. “O Concello fai un dobre esforzo técnico e económico que se ve recompensado coa boa acollida que teñen as dúas citas tanto entre a nosa veciñanza como entre os milleiros de persoas que veñen ano tras ano ao festival desde puntos moi diversos da nosa xeografía”, sinalou o rexedor.

A Semana Cultural contempla exposicións no Centro Sociocultural de Zas, visitas guiadas ao noso patrimonio, proxeccións, música, contos e monólogos, obradoiros infantís e para adultos, a tradicional observación astronómica dende a tumba do guerreiro Brandomil guiada por Jorge Mira e, como novidade, crearase o “Mural Carballeira” da man do Colectivo Vella Escola.

Todas as actividades son gratuítas e rematarán coa 38ª Festa da Carballeira na que durante dous días (venres e sábado) Zas volverá a ser o referente da cultura e da música folk. Ao longo destes días estarán en Zas Belem Tajes, Anxo Moure, o xornalista Alberto Mancebo, Marta Doviro, David Perdomo, entre outros. Todas as actividades realizaranse en horario de tarde e de noite. Ao final da nova podedes consultar o programa completo.

semana-cultural-zas-2023

Comentarios