Imprimir

6 edís do goberno municipal de Ponteceso piden, por escrito, a dimisión do seu alcalde

Redacción | 05 de outubro de 2020

Imaxe da festa do PSOE de Ponteceso tras gañar as eleccións de 2019
Imaxe da festa do PSOE de Ponteceso tras gañar as eleccións de 2019

Non valeu para nada a reunión convocada polo alcalde Lois Carballido, co seu grupo de goberno o pasado venres. Á saída, 6 dos 8 edís (contando co alcalde) da agrupación socialista local, confirmaban as ameazas e presentaban un escrito para pedir a dimisión do alcalde formalmente.

Oe edís critican que Carballido se lembrase tan tarde deles “despois de case un ano e medio de conflitos internos na procura dunha solución para poder xestionar o noso concello”. Critican tamén que non houbo resposta a pesar de telo posto en coñecemento da Agrupación Local e da Provincial…

Valoran a xuntanza do pasado venres como “unha máis desas reunións tardias dicindo que as cousas van cambiar…” O que si cambiou é que para os edís xa non é un problema de “relacions internas senón que afecta aos nosos autónomos e aos nosos veciños e veciñas”.

Por todo iso piden formalmente a dimisión “porque a sua xestión estanos levando a ruína”.

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/6-edis-do-goberno-municipal-ponteceso-piden-escrito-dimision-do-seu-alcalde/20201005103024122344.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia