Imprimir

Camariñas postúlase como epicentro das mobilizacións polo 8 de marzo

que pasa na costa | 13 de febreiro de 2019

 

Despois do grandísimo éxito das mobilizacións e da folga feminista do pasado 8 de marzo dun histórico 2018, a loita feminista continúa.

Cas Buseranas e o Círculo Feminista de Carballo xa artellando iniciativas de cara a este novo Día da Muller, é o Concello de Camariñas o que quere postularse como novo epicentro comarcal da igualdade. Así convocan a toda a veciñanza da Costa da Morte a participar nunha manifestación comarcal pola igualdade partirá ás 17:00 horas do propio venres 8 de marzo, da estatua da muller en Camariñas.

A marcha estará encabezada por unha pancarta na que se poderá ler o slogan ‘A igualdade é unha necesidade’. Antes da saída a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, lerá un manifesto e o coro de Camariñas cantará unha canción referente á muller. O percorrido da manifestación pasará polo paseo marítimo e a Estatua do Carme para volver outra vez ata a Estatua da Muller. A cada asistente se lle regalará unha camiseta morada co slogan da manifestación.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/camarinas-postulase-epicentro-das-mobilizacions-polo-8-marzo/20190213100459106637.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA