Imprimir

#CarruselElectoral: Walter Pardo, novo alcalde socialista gracias aos apoios de BNG e Cs

que pasa na costa | 15 de xuño de 2019

Pleno de investidura de Walter Pardo en Malpica, formando pacto de goberno con Dani García Riegía (BNG) e Alfredo Cañizo (Cs)
Pleno de investidura de Walter Pardo en Malpica, formando pacto de goberno con Dani García Riegía (BNG) e Alfredo Cañizo (Cs)

Este sábado 15 de xuño teñen lugar os pleno de constitución das novas corporacións municipais. Unha cita tranquila na metade dos nosos concellos, pero moi tensa noutros 7 concellos onde as negociacións se apuraron ata última hora como fumos comprobando no noso Pactómetro.

En Malpica, dase outra relativa sorpresa. Walter Pardo (PSOE) accede á alcaldía gracias aos votos de BNG e Alfredo Cañizo (Cs), collendo o relevo de Eduardo Parga, xa ex alcalde, que a pesar de ser a forza máis votada non conseguiu chegar a un acordo con Cañizo.

En breve saberemos como se organizan as concellerías, pois parece que poderían formar goberno de coalición as tres forzas.

Agora fórmase un tripartito en Malpica.

Todas as novas das Eleccións

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/malpica/carruselelectoral-walter-pardo-novo-alcalde-dun-goberno-tripartito-psoe-bng-cs/20190615123659110652.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA