Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rebeca Facal e Silvia Cancela valoran o auxe da presencia da muller no Fútbol da Costa

Rebeca Facal e Silvia Cancela valoran o auxe da presencia da muller no Fútbol da Costa

Afrontamos a última #DirectosQPC arredor.do #FutboldaCosta. Será esta a última conversa da tempada pois é a última semana desta programación diaria que levamos feito visitando as casas de máis de medio centenar de persoas da comarca.

Hoxe quixemos falar sobre o inxente traballo na sombra das directivas e queremos falar con dúas mulleres que demostran o aumento da presencia feminina do Fútbol costeiro. Quixemos falar con María, que acaba de deixar a presidencia do SD Laxe deixando a súa impronta no fútbol costeiro, con Dolores presi do SD San Lorenzo, con Maica ou Paula, directivas dos Miúdos... Pero foi imposible por asuntos persoais.

Pero temos dúas voces moi autorizadas. Silvia Cancela, toda a vida vinculada ao Xallas, e agora ademais vocal e voz do noso Fútbol na Directiva da RFGF; e Rebeca Facal, recén nomeada presidenta do CD Baio pero xa leva moitos anos vinculada ao club dende moitas áreas.

Dende as súas diversas situacións persoais, sobre todo por motivos de idade, asumiron o papel de sumerxirse nun mundo historicamente tomado pola testosterona. Pero gracias a ela a realidade está cambiando e dentro de pouco non será noticia que teñamos presidentes ou directivas nos nosos clubes.

Recoñeceron o complicado que é facerse un oco, pero asumen a responsabilidade, e saben que ser a cara visible, e sendo mulleres, pode ser foco de críticas.

Esperan que os Concellos vaian adquirindo máis “conciencia política” para axudar aos clubs, por exemplo botando unha man para facer a reforma das cantinas, que tanto xeran para os clubs.

Sobre a situación competicional, Cancela recoñeceu que o Fútbol Galego necesita reestruturación porque a día de hoxe non forma unha “pirámide”, e que a RFGF está traballando para solventar a problemática das 3ª. A finais de xullo, principios de agosto poderemos ir vendo como queda o curso que vén, esperamos con grupos por proximidade.

Directos arredor do #FutboldaCosta

Comentarios