Os visitantes que se acheguen a partir de hoxe ao centro de recepción de Dombate poderán acceder á réplica do seu principal monumento megalítico. Ademais, xa está instalado tamén no Museo, un vídeo explicativo da historia do mesmo. Desta forma, xa se pode coñecer o interior do dolmen, unha visita que está restrinxida debido aos especiais coidados de mantemento e conservación que esixe o monólito.
Iso si, polo de pronto non poderemos escoitar as explicacións dun guía.
Novo vídeo