O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global

Convertiuse Carballo na capital da cultura dixital global durante os tres días deste IV Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay. A Gala de entrega de premios dun concurso ás mellores webseries xa pioneiro en España serviu para pechar o telón a 3 completos días de risas e creatividade, nos que se puideron ver máis de 140 propostas de todo o mundo.
Un festival redondo, que comeza duirante o mes de abril con cursos formativos de primeiro nivel, e remata con ese certame, pasando por presentacións, charlas, e mesmo entrevistas espidas como a que protagonizaron o equipo de Chévere Teatro, que quedaron a mercé das preguntas dos espectadores no xa referente "Código Fonte".


Outro dos puntos máis emotivos da fin de semana foi a presentación do premio galardoado o ano pasado, que serve para describir á perfección este festival: esa aposta pola cultura 2.0, e pola creación en galego. “Peter Brandon”, de Porco Bravú, recibía o ano pasado o primeiro premio á webserie en galego, e podía realizar durante este ano unha completa produción que vivíu a súa estrea mundial en loor de multitudes o pasado venres.
A resposta do mundo da escena galega para colaborar no proxecto dá conta da incidencia que está tendo este festival a todos os niveis.





Concurso cheo de risas

As comedias foron as grandes triunfadoras do certame, aínda que entre as premiadas hai un amplo abano de matices, mesturas e experimentos formais e conceptuais, tan propios do sector máis atrevido e imaxinativo do audiovisual contemporáneo.
Pesame Street gañou dous galardóns, o de animación e o do público, coa súa resposta á pregunta: "Que nos dirían os animais se puidesen falar?", mentres que A todo riesgo acadou os de mellor webserie de imaxe real e o de mellor actor, para Miguel Lago Casal. Esta última conta a historia de Pedro Germán e Max, que sempre soñaron con ser inspectores de homicidios pero que só conseguiron un traballo como peritos de seguros. Na categoría de mellor webserie de imaxe real, o xurado composto polo guionista Rubén Ontiveros, pola guionista e creadora de contidos Isa Calderón, polo director Javi Camino e máis por Javier Trigales -en representación da Asociación Galega de Guionistas- e Giselle Llanio -en representación da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia- quixo facer tamén unha mención especial para Te quiero, yo tampoco, unha comedia documental que retrata a relación do director, Miguel Bosch, coa súa parella, Fran. Ambos os dous teñen catro meses para decidir que facer coa súa vida… e para coñecer todo tipo de rapaces gais dentro e fóra dos estereotipos.

Palmarés do Concurso
- Mellor webserie de imaxe real, dotado con 800 euros e trofeo, para A todo riesgo. Mención especial do xurado para Te quiero, yo tampoco
- Mellor webserie de animación, dotado con 800 euros e trofeo, para Pesame street
- Mellor webserie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para You ́re next (Israel). Mención especial do xurado para Si me volviera a enamorar (Arxentina)
- Mellor webserie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para Teño unha horta en San Sadurniño
- Premio CREA á mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Alex Rodrigo, por El Partido 2 Premio AGAG ao mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para Hilario Abad e José Luis Bustillo, por Caniville
- Premio á mellor actriz, dotado cun trofeo, para Teresa Cuesta, por El show de Teresa Cuesta
- Premio ao mellor actor, dotado cun trofeo, para Miguel Lago Casal, por A todo riesgo
- Premio do Público, dotado con 400 euros e trofeo, a Pesame street.
- Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros e trofeo, a Hai vida en Bran?, creada e protagonizada por Ángela Andrada.
Novas relacionadas
- 2017: Carballo, capital global da cultura dixital
- Programa 2017: O Carballo Interplay cítase coas webseries en galego.
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2017: Volve o Carballo Interplay cos youtubers, as webseries, as estreas e as conversas como protagonistas.
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- Interplay 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- Interplay 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- A canteira audiovisual recupera a historia bergantiñá.
- FormaCIP: Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- FormaCIP: formación audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- 2014: O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Carballo Interplay