Martes. 30.04.2024
El tiempo
Aroa Sendón Amado
10:13
16/04/24

A explotación no sector textil

A explotación no sector textil

Todos sabemos que o uso da roupa na nosa sociedade e da estética das persoas é unha parte fundamental do noso día a día. Pero de que nos percatamos se paramos a pensar un momento que hai detrás de todas as nosas “peticións”?

En primeiro lugar sábese que case todas as nosas pezas de vestir están elaboradas por persoas do terceiro mundo. Esta xente,sobre todo son mulleres, aínda segue coas xornadas laborais de catorce horas, esas mesmas que eliminamos aquí non hai tanto, e sen salario mínimo, cobrando o que cobramos nós nun mes ou nun ano. En segundo lugar, estaría ben axudar un pouco a estes países a loitar contra as desigualdades de xénero xa que a súa valoración social é moi  inferior á dos homes o que ocasiona danos na saúde mental, ademais de danos físicos, xa que traballan moito máis das horas contratadas para conseguir un salario relativamente bo para elas.

Finalmente, as grandes empresas europeas centran a súa produción en países asiáticos para aproveitarse das súas condicións infrahumanas e sacarlle moito máis rendemento. Ao contrario, se a produción é feita aquí, os gastos ocasionados para as empresas é moito maior, pois teñen que pagar seguros laborais, soldos maiores e contratar máis persoal.

Para finalizar, estas empresas deberían estar sancionadas ou impoñerlles certos contratos con condicións máis humanas para os traballadores e traballadoras. E estes países deberían apoiar os dereitos dos traballadores, pois están sendo escravos do traballo sen sacarlle ningún rendemento.

  • Aroa Sendón Amado. Alumna de 4º ESO do IES Terra de Soneira.

 

MÁIS ARTIGOS DO ALUMNADO DO IES TERRA DE SONEIRA

Comentarios