A emancipación da mocidade
Na sociedade actual, atopámonos cunha realidade na que unha gran parte da mocidade enfronta dificultades á hora de independizarse. Este fenómeno non é exclusivo dunha rexión ou país, senón que afecta a moitas comunidades e, Galicia non é unha excepción. A falta de independencia económica é a dificultade para acceder as vivendas son dous dos principais obstáculos que a rapazada debe superar para lograr a súa emancipación.
Entre as persoas de 16 a 29 anos, só un 16% pode vivir con plena liberdade. Estas son as mellores cifras rexistradas dende 2020, pero a media non deixa de ser de 30,3 anos. Ante estes alarmantes datos podémonos preguntar por que sucede isto.
En primeiro lugar, a situación económica xeral, tanto a nivel global como local, xoga un papel crucial na capacidade dos mozos para vivir de xeito independente. O mercado laboral presenta desafíos, cunha alta taxa de desemprego ou con ofertas de traballo que non cobren as necesidades económicas básicas.
Ademais, o acceso a una vivenda adecuada é un dos maiores obstáculos que se deben afrontar para vivir por conta propia. O mercado inmobiliario presenta prezos elevados, o que fai que unha gran parte dos mozos non poidan permitirse a compra ou alugamento dunha vivenda.
Outros factores importantes son a crise sanitaria, a guerra de Ucraína e, máis recentemente, a seca en España; que provocaron a suba de prezo dos produtos, a pesar de que o salario se mantivo igualado.
Neste contexto é esencial que o Estado tome medidas, como proporcionar certas axudas económicas, así como promover o emprego estable e ben remunerado.
En resumo, a falta de recursos económicos, o acceso limitado ás vivendas e os factores que condicionan a economía española son obstáculos importantes, que requiren compromiso por parte do Estado, e que promoven o desenvolvemento da sociedade.
- Emma Pérez Gesto (4º ESO)
MÁIS ARTIGOS DO ALUMNADO DO IES TERRA DE SONEIRA
- Arantxa Varela Gándara: A situación laboral real dos traballadores do sector téxtil
- Sergio Pose Romero: A violencia machista no rural
- Irene Fdez. Pérez: Buscando solucións á violencia de xénero
- Nuria Castelo: A violencia machista segue medrando.
- Paula Blanco Paz: As Regueifas.
- Cristina Plaza: A Saúde mental.
- Claudia Roget: A necesidade de salvar as nosas praias.
- Sergio Pose Romero: Por que defendemos un país que non respecta os dereitos humanos?
- Luzía Roget: O Aborto.
- Mateo Calzas: Que é un penedo?.
- Enma Pérez: A implantación dos eólicos nos Penedos de Pasarela e Traba, benefico ou destrución?