Venres. 03.05.2024
El tiempo

A situación laboral real dos traballadores do sector téxtil

A situación laboral real dos traballadores do sector téxtil

A situación laboral real dos traballadores do sector téxtil non é como o din as empresas, que internacionalizan a produción a países subdesenvolvidos para despois vender os produtos nas tendas de primeiro mundo.

Por unha banda, as empresas dedicadas a este sector explotan homes, mulleres e incluso nenos a producir roupa cunhas condicións e salarios moi precarios. Neses países, o goberno non impón unhas condicións nin salarios dignos que terían que cumprir as empresas en países desenvolvidos, por iso, van producir a eses territorios, pois a eles benefícialles non ter que pagar uns salarios adecuados e os países non se preocupan pola integridade física e mental da poboación. Ademais, sendo a maior parte dos traballadores mulleres, os homes seguen cobrando máis, o que representa unha gran discriminación por parte de empresas que despois promoven o fin de todo tipo de discriminación, o que resulta inaceptable e contraditorio.

Por outra banda, se na maioría das familias se vive esta situación, os nenos terán que tamén comezar a traballar a curta idade para axudar á situación económica do seu fogar. Se os pais puidesen manter o equilibrio na casa, os rapaces poderían ir á escola aprender, así cando sexan maiores poder conseguir traballos acesibles e sans para lograr que a familia viva unha situación mellor. Ademais, este sistema acaba sendo hereditario e dificilmente conseguen ter un mellor traballo, pois a maior parte da poboación non ten estudos e as empresas non desexan persoas analfabetas.

En conclusión, esta situación non terá fin porque o mesmo que en Asia, en moitos países as condicións son inhumanas, o que provoca que só uns poucos sexan ricos e os demais pobres o que fai que non exista un equilibrio.

  • Arantxa Varela Gándara (alumna de 4º ESO do IES Terra de Soneira)

MÁIS ARTIGOS DO ALUMNADO DO IES TERRA DE SONEIRA

Comentarios