A violencia machista no rural
Tras a publicación de estudos que evidencian unha alta incidencia de violencia machista e observar altas taxas de vulnerabilidade fronte a esa violencia no rural, podemos chegar a preguntarnos, cales son as causas desta vulnerabilidade?
En primeiro lugar, cómpre destacar que moitos dos núcleos rurais non contan con todos os medios necesarios para a prevención desta violencia e o tratamento das vítimas. En moitos casos, é necesario desprazarse a outro núcleo de poboación maior para poder denunciar e, en numerosas ocasións, dese a outro para poder ir a un xulgado, polo que as dificultades xeográficas no proceso de denuncia teñen efectos claramente negativos sobre as vítimas.
En segundo lugar, inflúe tamén a presenza dunha normalización da violencia intrafamiliar, neste caso machista, no ideario colectivo; o que fai que as agredidas teñan unha falta de apoio á hora de facer fronte a esa violencia e poder tratala.
En conclusión, é certo que no rural hai unha alta incidencia de violencia machista, que pode estar derivada das dificultades no proceso de denuncia, ou da falta de apoios á vítima para poder facer fronte a esa violencia. É necesario pois, poñer facilidades e medios á disposición das damnificadas para conseguir reducir o número de afectadas.
- Sergio Pose Romero, alumno de 2º Bacharelato do IES Terra de Soneira, Vimianzo.
MÁIS ARTIGOS DO ALUMNADO DO IES TERRA DE SONEIRA
- Irene Fdez. Pérez: Buscando solucións á violencia de xénero
- Nuria Castelo: A violencia machista segue medrando.
- Paula Blanco Paz: As Regueifas.
- Cristina Plaza: A Saúde mental.
- Claudia Roget: A necesidade de salvar as nosas praias.
- Sergio Pose Romero: Por que defendemos un país que non respecta os dereitos humanos?
- Luzía Roget: O Aborto.
- Mateo Calzas: Que é un penedo?.
- Enma Pérez: A implantación dos eólicos nos Penedos de Pasarela e Traba, benefico ou destrución?