Un plan perverso

O histórico cómico español Paco Martínez Soria deulle vida, en 1970, á personaxe de Don Rodrigo, un home terco ata a saciedade que, por ese carácter insistente, foi inmortalizado para o cine como Don Erre que Erre. Sen embargo, e a pesares do adianto da sociedade española en 41 anos, parece que a alma, o fondo daquel cliente do Banco Universal perdura nas querenzas dalgúns dos pesos fortes da nova Federación. Doutro xeito non se entende esa insistencia anual en darlle a volta a un Plan de Competición ideal para uns e seriamente prexudicial para outros. ¿Quen? os de sempre. Repudiado o ano pasado pola Asemblea da Federación, o novo mapa dirixente e representativo brindoulle a oportunidade de meterlla dobrada ó fútbol galego na vindeira xuntanza, con multidivisións territoriais en pos do aforro, pero tamén contra o nivel dunhas competicións multiplicadas ata a saciedade.
Quebros territoriais aparte, parece claro o feito de que a maior número de ligas, peor, evidentemente, será o nivel das mesmas. E digamos que non está a cousa como para empezar a botar foguetes. Pero vaiamos co que realmente doe, con esa insistencia por sacarse de enriba á Costa e mandala a xogar con Santiago, unha zona coa que pouco ou nada ten que ver o noso fútbol, e onde residen unha porcentaxe de futbolistas moi inferior á da zona herculina. Falan os precursores deste plan dun aforro por proximidade. Pregúntome eu: ¿Como de lonxe está Ferrolterra da maior área de influencia de Lugo? e ademais comunicada por autopista... pero vaiamos máis aló. Un dos exemplos que se pon sempre é un hipotético encontro Ortigueira-Riveira, repetido ata a saciedade en miles e miles de reunións. Un só viaxe ó ano. Co novo plan, o Ponteceso, o Dumbría, ou o Cee terían que viaxar semanalmente a: Asados, Loimil, Lamela, Calo, Riveira, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Piloño, Amio ou Agolada. ¿A quen non se lles veñen a cabeza nin un dato de información de todos eses equipos? Mentres, Victoria, Cambre, Imperátor, Olímpico xogarían unha especie de reedición da Segunda Autonómica grupo I de antes, con encontros de proximidade total. A Ferrol, outra das que apoian este plan, apláudenlle as orellas, como se soe dicir, por pasar de ter dous representantes de escaso calado na Primeira Autonómica a ter seis ou sete. Outro exemplo da devaluación que sufrirían as competicións.
Na cabeza de moitos resoaron nesas miles de reunións as máxicas palabras "ascenso". Toda esa cortina de fume tapou o feito dunha liga partida, tapou a perda de cantos xogadores coruñeses ou de residencia herculina se trataba, para pasar a quedarse cun concepto que os defensores do novo plan querían que calase: Dous ascensos en Segunda Autonómica. Pero dous ascensos a qué e a qué prezo? Pódese equiparar o mérito da nova Primeira ou de chegar a Preferente con este novo plan á de antes? Certo é o argumento de que a Costa nunca tivo tanto poder de decisión como agora, pero tampouco se pode abrirlle a un a man para despois pedir peaxes e apoios incondicionais, nunca sorte de chantaxe que non por facer mil reunións vai ter mil veces a razón de ser. Senón, estaremos a caer nesa imaxe de homes de boina que xa deixara no seu día Don erre que erre.
Pd: O ano que vén na Coruña haberá un grupo só para a capital e outro para As Mariñas e a Montaña, unha iniciativa que, tal e como pasou coa segregación da Copa da Coruña, ademais de repercutir no nivel da liga farao tamén no interese da mesma e nunha Terceira Autonómica cada vez máis residual. Eses mesmos que promulgaron unha Segunda só da capital son os que quitarán a opción de segundo ascenso á Liga da Costa e que agora queren sacarse de enriba esta zona, sacala da "súa" Primeira Autonómica.
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.gal).
Artigos de Guillermo Parga
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
Novas relacionadas
- 2ª Autonómica: O Ponteceso canta o alirón.
- 1ª Autonómica: Xallas e Dumbría avanzan cara a Preferente.
- Preferente: O Soneira, xuíz e parte.
- Resultados da fin de semana no fútbol costeiro.
Entrevistas QPC Deportes
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co meta do Cerceda Christopher Pallas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Artigos relacionados
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga da Liga da Costa: Liga escocesa?.
- Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).