Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carballo

#SoandoconForza: Unha ollada á carreira do carismático Vic Godard

Un pequeno recoñecemento dende Soando con Forza a Vic Godard dos Subway Sect, unha das primeiras bandas do punk británico, que tocou en Carballo no Xiria Pop 2016 e que para moitos dos que estivemos en ese concerto era un verdadeiro descoñecido.

Un resumo de algunhas anécdotas e algúns dos momentos máis destacables da carreira de este músico de culto:

En 1976 Malcom McLaren (mánager dos Sex Pistols) convida a Subway Sect a compartir escenario no 100 Club con Sex Pistols, Siouxsie And The Banshees e The Clash.
En 1977 xa teñen o mesmo mánager ca The Clash, Bernie Rhodes, este mesmo ano Subway Sect tocan no White Riot Tour.
O 1 de Xuño de 1982, Vic Godard & Subway Sect tocan na emblemática discoteca The Hacienda de Manchester.

A mediados dos anos 80 Vic Godard retírase da música (temporalmente) para ser Carteiro. Primal Scream fan unha versión de ¨Nobody´s Scared¨ e The Jesus and Mary Chain de ¨Ambition¨ as dúas de Subway Sect, mentres que Orange Juice faría una versión de ¨Holiday Hymn¨ canción de Vic Godard en solitario.

En 1992 grava con Paul Cook (batería de Sex Pistols) e Edwyn Collins a canción “Johnny Thunders”.
En 2010 colabora co escritor da novela Trainspotting Irvine Welsh no EP ¨Blackpool¨.
Algunhas outras bandas que tamén telonearon Vic Godard & Subway Sect foron: Bauhaus, Buzzcocks, Pere Ubu ou Altered Images.

Arriba queda a versión de ¨Ambition¨ de The Jesus and Mary Chain aparece na cara B do single ¨Never Undertand¨.

Aquí vai  Orange Juice -Holiday Hymn.

E aquí: "Vic Godard & Edwyn Collins - Falling and Laughing (Orange Juice cover).

 

MÁIS PARECIDOS RAZONABLES

CARA B

#SOANDOCONFORZA

#SoandoconForza: Unha ollada á carreira do carismático Vic Godard