Producidos integramente na Sala Nasmo polo imprescindible Juan Figueiras, o primeiro que sae á luz é este “Inconsciente”. “Un tema directo, puro rock, moi fácil de escoitar”, explica o baixista Xota deixando claro que a banda mira en fite os clásicos españois do rock dos anos 80, como Suaves, Rosendo, Barricada… ou os Deltonos, Ilegales…
Un rock cunha tremenda componente social, como este tema “baseado na vida real”. Un tema que fala “desa persoa que actúa desa forma inconsciente porque ten falta de oportunidades, non ten futuro, e vai dando paos de cego. Unha persoa que se deixou levar polas malas influencias e acabou incluso privado da súa liberdade”. Unha letra moi pegada ao rock&roll, dende logo.
Dentro dun mes sairá “Perdedor”, algo máis bluseiro tirando de raíces, que trata tamén dunha persoa inadaptada ao que nada lle sae mal, pero sempre cun fío de esperanza que lle provoca seguir loitando.
O último tema gravado será “No hay tempo”, “un rock máis contemporáneo”, que fala da necesidade de aproveitar o tempo ao máximo.
Iremos vendo os temazos, ao tempo que esperamos que vaian confirmando datas para os seus vindeiros concertos. Por agora non hai nada confirmado pero de seguro que si haberá moitas citas que irán colgando nas redes @_sonophobia_).
Novas relacionadas
Máis novas de música
- Apart presenta o vídeoclip do último tema do seu último álbum, gravado no Patacón.
- Rouco Son, unha nova revista para espallar o metal e rock galegos.
- Xaneiro 22: Teima lanza unha necesaria versión metaleira de “Túa nai é meigha”.
- A Arroutada de Lóstregho, xa en vinilo.
- Xuño 21: A vida que xeran a Escola de Música de Muros e a Sala Nasmo.
- Febreiro 2021: Deleiba lanza "Erguerse", unha mensaxe de esperanza para o Rock Galego.
- Juan Figueiras: “A Sala Nasmo son os músicos”.
- O muradán Lucas Rei Ramos acada o primeiro premio do Concurso Internacional de Composição de Póvoa de Varzim.
- The Rapants saen de Xira Capital: “As frases pegadizas e os bailes esperpénticos son o noso sello de identidade”.
- ”A Sala Nasmo é un servizo crucial para o nacemento de bandas como Deleiba.
- Chejar e encher, xa na rúa o primeiro disco da banda muradá Lisdexia.