Venres. 26.04.2024
El tiempo

Caión repasa como reciclar o aceite doméstico e a quinta fracción

24 entidades sociais e deportivas reciben axudas municipais
2021.09.15.- Campaña informativa aceite en Caión
Campaña informativa sobre a recilaxe de aceite e sobre o prorama Ti tes a Chave en Caión
Caión repasa como reciclar o aceite doméstico e a quinta fracción

Este mércores, o stand informativo da campaña que está a desenvolver o Concello para potenciar o reciclado de aceites domésticos estivo esta mañá na praza Eduardo Vila Fano de Caión.

Ademais, aproveitouse a campaña para continuar informando sobre o programa “Ti tes a chave” sobre o uso dos contedores marróns da quinta fracción de orgánicos, un programa no que Laracha é pioneiro.

A campaña, que trata de evitar a contaminación da aua cos aceites usados, lembra os 12 colectores de cor laranxa que foron instalados en puntos estratéxicos das vilas da Laracha (Avenida Fisterra, rúas Río Acheiro, Lino Gómez Canedo, Santa Lucía, Rosalía de Castro, Luis Martínez Vázquez e Epifanio Campo xunto ao centro médico, así como na estrada AC-552 á altura das Torres de Cillobre), Paiosaco (campo da feira) e Caión (Avenida da Laracha e rúa Campo da Insua), e tamén na urbanización Monte Claro no Cancelo do Medio (parroquia de Cabovilaño).

O mércores da semana que vén, no mesmo horario, regresará á vila da Laracha para situarse no entorno do centro de saúde.

Axudas

Na sesión da Xunta de Goberno Local celebrada onte foron adxudicadas as subvencións municipais da convocatoria dirixida ás asociacións culturais e educativas, clubs deportivos e Anpas. 24 entidades e unha deportista individual -a totalidade das solicitudes presentadas- serán os beneficiarios desta liña de axudas e repartiranse 97.300 euros.

Novas sobre reciclaxe

Comentarios