A Laracha organiza unha charla informativa sobre o Parque Eólico de Pedra Queimada

Un dos poucos Concellos que está a intentar dar algo de luz ao escuro mundo dos eólicos é o da Laracha. Xa ren presentado as súa alegacións, pero quere que a cidadanía sexa consicente do que pode vir enriba.
Para iso, organiza unha charla informativa sobre o proxecto do parque eólico Pedra Queimada na que se convida a asistir a toda a cidadanía. Será o martes da próxima semana, día 9 de agosto, desde as 20:30 horas no centro sociocomunitario de Caión.
Cómpre lembrar que falamos da instalación de 2 aeroxeneradores de 5,7 MW de potencia nominal unitaria, un deles no termo municipal da Laracha, preto do núcleo de Alvite (Caión) e, o outro en Arteixo, na parroquia de Monteagudo.
O Concello presentará alegacións tanto por considerar que o aeroxenerador previsto en territorio larachés se sitúa moi preto de núcleos de poboación rural (Alvite, Xermaña, O Outeiro, Goxán e O Campo da Costa) como polo seu negativo impacto paisaxístico e medioambiental, xa que a ubicación é próxima ao litoral de Caión e sería moi visible desde a liña da costa.
O prazo para que calquera persoa que así o estime poida presentar alegacións ao proxecto do parque eólico Pedra Queimada permanecerá aberto ata o 17 de agosto.
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 22: Os Concellos da Laracha e Carballo presentan alegacións aos Parques Eólicos Pedra Queimada e Monteagudo.
- Xuño 22: O Concello da Laracha ofrece modelos de alegacións contra o P.E. Carboeiro.
- PE Monteagudo: Avanza a tramitación do P.E. Monteagudo.
- A Laracha ao completo presenta alegacións contra os proxectos eólicos de Carboeiro e Monteagudo.
- P.E. Carboeiro: Outros xigantes que ameazan á parroquia larachesa de Erboeiro
- O Concello da Laracha tamén presenta alegacións contra o Parque Eólico Coto Loureiro.
- Xan Fdez. Carrera: Recuperemos o Monte Neme.
- A lamentable batalla da Comunidade de Montes do Ézaro coas empresas eólicas... e a Xustiza.
- P.E. Coto Loureiro: 14 aereoxeneradores sobre A Laracha.