A revolución mediática da billarda

Tralo remate das ligas regulares, Paiosaco volvía convertirse no epicentro da billarda do país no marco da Festa das Cereixas. O VII Aberto das Cereixas servía para poñer o broche final a unha tempada na que este xogo tradicional xa está convertido case que en deporte de masas.
A cita servía ademais para facer balance do curso. Así, ao final do torneo chegou a reunión cunha caixa de cereixas enriba da mesa, dos equipos para facer balance do ano. A exposición mediática foi un dos puntos mellor valorados, provocando ademais que moitos concellos estean interesados en acoller unha xornada de liga.
O Torneo
O escenario, para estar preto da festa, foi o Aparcadoiro fronte á gasolineira de Paiosaco. A tarde, o ceo e as cereixas contribuíron a ver un espectáculo grandioso e supremo. Sempre con algunha anécdota curiosa, como a protagonizada por dúas rapazas que colleron o palán por primera vez e gozaron da maxia da billarda.
No deportivo, o campión da xornada foi Xan Rodiño da equipa Lúa de Forza de Sanxenxo; por diante do noso Eladio (Campo da Feira-Paiosaco) e o infantil Xián coñecido como "Raio Verde" de Sanxenxo, tamén pertencente á equipa Lúa de Forza de Sanxenxo.
Na categoría feminina, gañou a local Mercedes (Campo da Feira-Paiosaco), por diante de Marisa (Lúa de Forza-Sanxenxo) e Raquel(Cochiqueiros-Cerceda).
E na Categoría infantil, vencía Valentín (Filloas de Sangue-A Coruña), por diante de Miguel Cancela e Lucas (Cochiqueiros-Cerceda).
Tempo agora para descansar.

A tempada de Billarda
- Xuño 22: A Porta Santa viviu a gran final da Liga Atlántica de Billarda.
- Xuño 22: A Laracha arrasa na Conferencia Noroeste da Liga Atlántica de Billarda e busca en Paisaco o título autonómico.
- Xuño 22: A Laracha segue arrasando na Liga Noroeste de Billarda.
- Maio 22: O baiés Jose Gándara Martínez e o eterno Ricardo Pérez y Verdes, protagonistas da Liga Nacional de Billarda.
- Xaneiro 21: A billarda ten relevo relevo xeracional na Laracha.
- Novembro 21: Paiosaco domina a Liga Atlántica de Billarda.
- Outubro 21: Bergantiños manda no mundo da Billarda.
- Xuño 21: Laxe acolleu unha singular e divertida xornada da Liga de Billarda