![Sicixia rodarase no Monte Pindo-Na foto Ignacio Vilar director Sandra Montes axudante de direccion Diego Romero director de fotografia con membros da Asociacion Monte Pindo Parque Natural]()
Sicixia rodarase no Monte Pindo. Na foto Ignacio Vilar director, con Sandra Montes axudante de dirección, Diego Romero director de fotografía e membros da Asociación Monte Pindo Parque Natural-Foto-David Llecha
Falamos con
director a semana pasada e xa nos contaba “Sicixia é unha película para escoitar a vida da Costa da Morte”. Nacho Vilar, director de filmes como A Esmorga, Pradolongo ou Vilarmor, trae toda a maquinaria de Vía Láctea Films á bisbarra. Este luns 22 de febreiro comeza a segunda fase da rodaxe da longametraxe, rodada integramente en galego.
Despois de varios días escollendo lugares singulares, durante 5 semanas, o equipo de gravación estará rodando nos concellos de Carnota, Dumbría, Fisterra, Muxía, Camariñas, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee e Cerceda.
Camariñas
Precisamente, Camariñas será o lugar elixido para o inicio da rodaxe do vindeiro luns. O equipo dirixido por Nacho Vilar estarán no
Monte Branco, na
praia do Trece e no
porto de Santa Mariña. Ademais das paisaxes, algúns dos sons caraterísticos da vila camariñá terán un destacado protagonismo no filme de Sicixia, tales como os
tintineo dos palillos da encaixeras que o director o califica de "imprensionante".
Vilar recollerá ese sons con gravacións indiviais a algunhas das palilleiras de vila e tamén de forma conxunta. Concretamente, o vindeiro 24 de marzo, rodarán en plena
Mostra do Encaixe de Camariñas coincidindo cun encontro de case 300 palilleiras.
O concello de Camariñas, que colabora na rodaxe de Sicixia, móstrase moi satisfeito pola elección desta localidade xa que, segundo indican, "axudará a promocionar o municipio fora da comunidade". A tenente de alcalde e responsable da Promoción do Encaixe, Sandra Ínsua, admite que "suporá unha boa promoción do encaixe fora da zona ao retratarse o duro traballo das palilleiras".
Ésta non é a primeira vez que a beleza de Camariñas queda plasmada na gran pantalla. Sen máis, o pasado ano rodáronse na vila dous cortos dirixidos por Sara Casanovas e Juan Galiñanes respectivamente, onde se viron atuendos de encaixe. E fai unhas semanas, o equipo da exitosa serie da TVG
Pazo de Familia rodou en Santa Mariña algúns dos capítulos da nova tempada.
Rapa das Bestas
Por esixencias do guión, a primeira fase da rodaxe tivo lugar na popular Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), unha festa que pola súa forza e carácter salvaxe serve de prólogo a unha historia de amor e desamor na Costa da Morte.
O filme estará protagonizada por Monti Castiñeiras e a fisterrá Marta Lado. Pero ademais, a historia contará ademais con outro protagonista moi especial, a Costa da Morte. Co fin de captar a súa esencia en todas as súas facetas, a rodaxe prolongarase ata a Semana Santa. Estaremos atentos a ver este diálogo entre a ficción e o documental.
![A actriz fisterrá Marta Lado e o director Ignacio Vilar serán os artifices do filme galego Sicixia rodado na costa da Morte]()
A actriz fisterrá Marta Lado e o director Ignacio Vilar serán os artifices do filme Sicixia
Sinopse
- SICIXIA: substantivo feminino -Astronomía. Posición do Sol, da Terra e da Lúa na que os seus centros están en liña recta.
Xiao é un enxeñeiro de son que recorre as vilas e lugares máis recónditos de Galicia para gravar a diversidade lingüística do galego a través das súas variedades dialectais, ademais de recoller tamén os sons da natureza. Nesta viaxe coñecerá a Olalla, quen traballa na colleita de algas, e que espertará en Xiao a paixón pola vida e o carácter salvaxe da Costa da Morte.
Máis información
Novas cinematográficas
Fonte