Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR

A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR
O Camino dos Faros coa Conselleria de Medio Ambiente Representantes do Camiño dos Faros coa Consellería de Medio Ambiente

”Sacamos o compromiso de que a Xunta vaia apoiar para conseguir canto antes a homologación do Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido GR”. Así saían os representantes da Asociación Camiño dos Faros tras reunirse coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato. Un compromiso que, tras tras 4 anos de difusión social, serve para seguir loitando no gran reto de que o sendeiro perviva para sempre.

Os “trasn@s” costeiros amosaron o traballo que realizan a prol da difusión e coidado do patrimonio natural. A conselleira trasladoulles a “súa colaboración para o desenvolvemento de actividades e acción que coiden, protexan e poñan en valor esta zona da Costa da Morte”.

Beatriz Mato indicoulles que “a Xunta vén de presentar o Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural que xira en torno a tres eixes de actuación: a posta en valor do patrimonio natural; a promoción e comunicación do patrimonio; e a educación ambiental e divulgación dos recursos naturais de Galicia, co que se apostará pola difusión e investigación científica, dende un punto de vista didáctico. Un plan para levar a cabo durante os próximos catro anos, que conta con 4 millóns de euros e que permitirá levar a cabo 29 actuacións distintas”.

Novas relacionadas

O primeiro Camiño dos Faros por etapas (2013)

Fonte

Comentarios