Domingo. 24.10.2021
El tiempo

Cabana artella un Entroido de fábula

Cabana artella un Entroido de fábula

Numerosas actividades culturais e sociais neste Entroido de Cabana de Bergantiños. Un Entroido comprometido, onde os veciños do concello e arredores poderán participar nas seguintes actividades :

As actividades festivas dan o seu comezo o domingo 19 de febreiro no Centro de Maiores de Neaño co baile de Entroido no que se poderá disfrutar en directo da actuación de J. Santana.

O martes 21 de febreiro chegaremos ó Martes de Entroido, festivo local e prato forte do entroido en Cabana de Bergantiños. A oferta lúdica, centrada en xogos e obradoiros, gastronomía a base de filloas, exposición fotográfica, música e pasarelas de disfraces serán a escusa imprescindible para que os veciños do concello e arredores pasen a tarde do martes de Entroido en Cabana.
As pasarelas e concurso de disfraces comezarán ás 18.30h da tarde coa pasarela infantil, onde se convidará a merendar a todos os participantes.
Para o concurso de comparsas, onde se repartirán preto de 1000 euros en premios, será preciso a inscrición previa e será presentado polo humorista e animador Pedro Brandariz.
Tralo agasallo e agradecemento a todas as filloeiras que traballarán arreo toda a tarde, o fin de fiesta correrá a cargo do Dúo Principal, encargado de animar o baile de disfraces.

A Ataxia na Costa da Morte

Outra actividade importante, no apartado de servizos sociais terá lugar o sábado 25 de febreiro, ás 16.15 horas coa presentación dos resultados da investigación sobre a Ataxia na Costa da Morte. Terá lugar no Auditorio Municipal e nela participarán varios especialistas e investigadores ademais de membros da Asociación Galega de Ataxia.

Domingo de Piñata

Para pechar a tempada, a última actividade salientable será a tradicional Xuntanza da Terceira Idade, para o domingo de Piñata (26 de febreiro). Xa vén sendo unha cita habitual e moi esperada, celebrándose un ano máis coa intención de que «os maiores» de todos os lugares e parroquias de Cabana de Bergantiños poidan gozar dun día de alegría, diversión e encontro con familiares, veciños e amigos.
Os actos previstos para este día no que se cumpre a súa XIV edición son: celebración da santa misa, invitación a xantar, actividades recreativas e baile.

Por motivos de organización, todas aquelas persoas maiores que queiran participar no evento deberán retirar a invitación na Casa do Concello antes do día 24 de febreiro.

Para poder desprazarse ata o Pavillón, o Concello porá a disposición dos asistentes un servizo gratuíto de autobuses o cal se poderá coller nas tradicionais paradas escolares que hai en cada parroquia.

Novas relacionadas

Outros entroidos da Costa

Fonte

  • Concello de Cabana.

comentarios