Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Bergantiños fai balance e sae reforzado dos comicios

O BNG de Bergantiños fai balance e sae reforzado dos comicios

O Consello Comarcal do BNG de Bergantiños, reunido onte, fixo balanzo dos resultados do domingo. Aínda que recoñecen que no conxunto da comarca hai unha pequena perda de votos (o BNG baixa do 25.16% de votos hai catro anos ao 24.75%), a dirección lembra que é "o segundo mellor resultado, en números absolutos, do BNG de Bergantiños en toda a súa historia".

O BNG valora moi positivamente a consecución de tres dos obxectivos centrais da campaña electoral na comarca:

  • "O reforzo da alcaldía de Carballo, localidade na que o BNG obtivo o mellor resultado da súa historia, afianzándose como referencia clara do voto urbano (onde obtivo máis do 50% dos sufraxios)".
  • "A obtención de representación, por primeira vez na historia do BNG, no Concello de Laxe, onde ademais o nacionalismo será decisivo na conformación do próximo goberno municipal.
  • "A obtención, por segunda ocasión consecutiva, dun dos deputados provinciais que corresponden á comarca de Bergantiños".

Repaso en QPC

En QPC xa nos puxemos a repasar a actualidade de todos os concellos. Se ben hoxe xa vimos como están as cousas en Malpica (con todas as variantes posibles), estes días falaremos de outros concellos da zona de Bergantiños como Laxe.

Repaso Concello a Concello

Máis información sobre os Resultados

Fonte

Comentarios