Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Quen sae en Sicixia?

Quen sae en Sicixia?
persoeiros-da-costa-da-morte-en-sicixia Chega a semana máis importante para o proxecto cinematográfico máis ambicioso da historia da Costa da Morte. Despois da presentación oficial na Coruña, despois de levar o premio á Mellor Actriz en Toulouse e de sorprender en París, o filme Sicixia estrearase este vindeiro 25 de novembro en unha marea de salas de toda España. Unha estrea que servirá para que toda España disfrute dos nosos sons, dos nosos costumes, da nosa idiosincrasia… Como nos explicaba o propio director Ignacio Vilar “sicixia é un termo de astronomía”, que indica a aliñación de sol, lúa e terra facendo que a gravidade dos planetas infúan dun xeito directo nas mareas. E precisamente os astros e as mareas son as grandes protagonistas, xunto todas estas localizacións e xentes que queremos recuperar en QPC, para que que saibades que veciños vos ides atopar.

As localizacións

sicixia-no-monte-pindo-e-a-praia-de-carnota Ata 10 concellos percorre o filme (Cee, Zas, Fisterra, Camariñas, Corcubión, Carnota, Muxía, Carballo, Cabana e Dumbría) se ben todos os concellos da bisbarra se poden ver perfectamente representados nese auténtico mar bravo costeiro. O Monte Branco e as praias do Trece; a Praza Castelao e o Mercado de Corcubión; a mítica casa abandonada de Vimianzo; a zona da antena de Marconi de Fisterra; os muíños de Paxareiras; o porto de Muxía e o mar de Camariñas; a Punta da Barca e a Ferida; a Rúa Real e a Taberna O Patacón de Carballo; o Cemiterio de Fisterra de César Portela; o Monte Pindo ca Casa da Xoana, e as vistas da Praia de Carnota dende A Moa; o Esteiro do Anllóns, cas mariscadoras e o bo de Rabuñal Patiño; o Cabo Vilán; as palilleiras de Camariñas; a Fervenza do Ézaro… Estes son algúns dos lugares, entre outros, nos que se desenvolve o filme.

As xentes

persoeiros-de-sicixia Son moitas as xentes costeiras que participan na película, ademais da premiada actriz fisterrá Marta Lado, ou dos Artur Trillo e Dani Trillo, membros elenco principal de actores. Seguro que se nos escapan moitos, pero algúns dos que puidemos recoñecer aquí os traemos: No filme poderemos ver caras fisterrás coñecidas por Fisterra tomando algo na Galería e no Calafigueira. Aí aparecen Roberto Traba Velay, Xan Carlos Sar Oliveira, Andrés Traba, Ernesto Rivera ou Luís Benlloch, entre outros, arranxando o mundo, mentres Rosa Fernández López lles serve. Por Fisterra tamén saen moitos dos membros da Confraría do Divino Nazareno e Santo Sepulcro cun protagonismo especial, así como Francisco Javier Ínsua no Fragón, ou os pescadores da lonxa da vila do Cristo. Tamén teremos algún mergullador, recolector de algas neste caso como a protagonista, como o muxián Pablo Touriñán Baña. De Muxía tamén atoparemos aos percebeiros David Lema Carrera e Jesús M. Lema Carrera, que xunto cos seus veciños mariñeiros Manuel Lema Graíño e Genaro Campos Fernández, contan a lenda da Buserana dun xeito moi especial. Tan especial como a contara Viki Rivadulla, que finalmente non aparece na montaxe final. Completa a parada tamén do filme en Camariñas, cunha marea de mariñeiros, entre os que atopamos a José Antonio Blanco, Francisco Lista Carril, Eduardo Campaña Martínez, Pedro Joaquín Lista Carril, Arturo Canosa López, El Hadji Sene, Evaristo Antelo López, Ibrahima Thiam, José Manuel Barcia, Juan Carlos Quizia ou Valerio Rey Pazos, entre outros. E que dicir desas marabillosas mariscadoras do Anllóns. Un luxo escoitalas falar despois de que os ornitólogo cabanés José Luis Rabuñal nos leve a ver as aves da zona. Un exército son estas bravas mariscadoras: Rosario Figueiras, Flora Cousillas Allo, Mari Carmen Castro, Alfonso Rivera, Ana María Castiñeira, Carmen Pose Suárez, Estefanía Martínez, Fernando García Varela, Germán Pérez Martínez, Inés García, José Antonio Suárez, Josefa Méndez, Julia Castiñeira Rial, Lucía Martínez Teijera, Lucinda Castro, Mª Carmen Gándara Gómez, Mª Esther Martínez Oliveira, Mercedes Rivera, Noel Sar Haz, Olga Rillan Domínguez, Pura Rive Pose, Pura Vidal Pomal e Rosario Figueiras, e seguro que algunha se nos escapa. Outro son máis tradicional poñen as palilleiras María Carril Ínsua, Norma Carril Ínsua e Aurora Brión Mouzo. De Corcubión veremos á praceira do mercador, Manuela, e dende Carnota, pon a súa experiencia como recolector de algas o bo de José Lestón Fernández. sicixia-cartel

O 25 de novembro, nos cines de toda España

Hai en marcha dúas novas preestreas. O xoves 24 de novembro ás 20h00 nos Cines Xunqueira de Cee, e xa o propio venres 25 de novembro ás 21h00 nos Cines Bergantiños de Carballo. Ademais, podedes comprobar a longa listaxe de cines nos que se proxectará Sicixia a partir do 25 de novembro: nos Cines A Xunqueira de Cee; nos Cines Bergantiños de Carballo, na Coruña poderedes velo nos Os Cantóns, Los Rosales e Marineda City; nos Cines Compostela e no Númaxen de Santiago; en Vigo nos de Gran Vía, na Praza Elíptica e nos Multicines Norte; en Ourense, Ribeira,Pontevedra, Lugo, Vilagarcía, Caldas, Monforte, O Barco, A Rúa, Narón, Marín… Así como nos Renoir de Madrid, nos Cinebaix de Sant Feliu de Llobergat, nos Rambla de l'Art – Cambrils de Valencia, ou nos Aragó Cinema de Valencia. Unha lista que seguirá medrando en vindeiras datas.  

Máis información

Novas cinematográficas

Máis novas cinematográficas

Outras novas

Fonte

Comentarios