Martes. 15.10.2024
El tiempo

Sangría poboacional: Só Cee e Carballo teñen números positivos na última década

Sangría poboacional: Só Cee e Carballo teñen números positivos na última década
As festas dos maiores seguen sendo as citas mais numerosas da Costa da Morte

O Instituto Galego de Estatística IGE publicaba onte na súa web as Cifras poboacionais de referencia, correspondentes ao 1 de xaneiro de 2014. Unhas cifras, baseadas en datos estatísticos do Instituto Nacional de Estadística (INE), que nos deixan a 1 de xaneiro de 2014, un censo de 2.747.226 habitantes, o que supón un descenso a nivel galego de 14.744 persoas con respecto ao ano anterior.

Hai un dato tremendamente interesante, que demostra que Galicia segue a ser un país eminentemente rural. A 2014, só o 35,5% da poboación galega vive nalgún dos 7 concellos con máis de 50.000 habitantes, o que aquí en Galicia lle chamaríamos cidades. Deste xeito, podemos dicir que se o 64,5% da nosa poboación vive en vilas de menos 50.000 habitantes, a maioría da poboación segue sendo máis rural que urbano. Unha das claves para as análises lingüísticas, que demostran que a lingua galega sobrevive na Costa da Morte.

Que pasa na Costa da Morte

Taboa QPC cos datos do IGE sobre a perda de poboacion na Costa da Morte 2004-2014

Pero nós queremos centrarnos os datos relativos á Costa da Morte. Se en Galicia só 6 comarcas gañaron poboación neste pasado 2013, ningunha delas é da nosa bisbarra. Xa en o ano pasado constatábamos que a Costa perde 5.000 persoas na última década e 840 no último ano, e aló por 2012 as contas saían a 100 persoas menos cada ano por comarca.

Así, se entre 2013 e 2014 perderamos 5305 persoas na Costa da Morte, entre 2004 e 2014 o balance é aínda peor, cun descenso poboacional de 6208, un descenso do 4,43%.

Perda poboación Concello a Concello (2004-2014)

Analizando concello a concello vemos que Carballo e Cee son os únicos concellos da zona que aumentaron a súa poboación nos últimos 10 anos.

O seguinte concello que menos poboación perde é o de Fisterra, cun 2,35% de poboación menos. De seguido atopamos aos concellos de Cee e Vimianzo. As cabeceiras das comarcas de Fisterra e Soneira perden un 6,2% e un 5,54%, semellante ao descenso en Camariñas, cun 8,83%.

Ollando do lado contrario, a sangría poboacional máis dura nesta última década sufrírona os Concellos de Mazaricos e Dumbría, cun descenso radical do 19,72% (case 1 de cada 5 persoas menos) e 16,31%. Datos semellantes atopamos por Coristanco, Cabana, Malpica, Ponteceso, Zas, Carnota, Muxía, Corcubión ou Zas, entre o 10 e o 13% de poboación perdida.

Perda poboacional por comarcas

É a comarca de Carnota e Muros a máis porcentaxe de poboación perdeu nun só ano, no 2013, cun - 1,6%, polo -1,23% da Terra de Soneira, o -1,2% da Terra do Xallas, o -1,13% da Comarca de Fisterra, sendo finalmente, a comarca de Bergantiños a que mellor se comporta en termos poboacionais, perdendo só o -0,47% da súa poboación.

Se falamos da última década, son as comarcas de Muros e Xallas as máis perxudicadas, con máis dun 10% de perda de poboación. Carballo mantén vivo á Comarca de Bergantiños que é a que menos poboación perde con só un 0,84% menos. Polo medio atopamos ás comarcas de Fisterra, cun descenso do 4,65%, e de Soneira, co 7,09% de poboación menos neste 2014 que no 2004.

Pirámide de poboación de Galicia

Interesante en todo caso esta pirámide de poboación, na que vemos como a parte de arriba, a de maior idade, vai collendo máis e máis peso conforme pasan os anos. Interesante o dato de que as mulleres soen ser máis lonxevas que os homes.


Máis información

Estudios relacionados

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios