martes. 18.03.2025
El tiempo

O TSXG tamén paraliza cautelarmente o Parque Eólico Alto Torreiro

Proxectos eolicos Bustelo Barallans e Alto Torreiro
Mapa dos proxectos eólicos paralizados de Alto Torreiro e Bustelo-Baralláns
O TSXG tamén paraliza cautelarmente o Parque Eólico Alto Torreiro

Como xa fixo co Bustelo -Baralláns, co de Monteagudo, Monta da Croa e case un cento de proxectos, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de aprobar a suspensión do Parque Eólico Alto Torreiro.

Promovido por EDP Renovables España, S.L.U, o Parque, que afectaría aos aos concellos de Cabana e Coristanco, foi denunciado por fragmentación irregular co parque de Bustelo-Baralláns. Así e todo >a Xunta decidía o ano pasado autorizalo, pero a denuncia presentada pola Asociación Petón do Lobo foi aceptadapolo TSXG que toma esta importante decisión para lugares como Baneira, Baralláns, Cereo ou o mítico Monte Perrol, xa afectado por outro parque.

Deste xeito, despois da paralización do Parque Eólico de Bustelo-Baralláns, conseguida pola asociación de Veciños de Cereo, a zona queda pendente de que a paralización sexa definitiva.

Máis novas do proxecto

Outras novas eólicas

Comentarios