Sábado. 27.07.2024
El tiempo

“Agardamos recuperar a Vaca de Fisterra para escoitala en Sicixia”

“Agardamos recuperar a Vaca de Fisterra para escoitala en Sicixia”
Ignacio Vilar Marta Lado e Monti Castineiras de Sicixia en Fisterra-Foto-Dario Gomez Ignacio Vilar, Marta Lado e Monti Castiñeiras de Sicixia en Fisterra-Foto-Dario Gomez

Deixou moitos detalles a presentación do comezo da rodaxe do filme Sicixia na Costa da Morte. A lonxa de Fisterra recibía aos artistas de Vía Láctea Filmes, entres eles o director Ignacio Vilar, así como os actores principais, Monti Castiñeiras, e a fisterrá Marta Lado.

Xa nos contou Vilar que “Sicixia é unha película para escoitar a vida da Costa da Morte”. De aó que un dos detalles que nos deixara a rolda sexa moi interesante. A Vaca de Fisterra volverá soar, pois o peculiar son é fundamental para relación entre Olalla (Marta Lado) e Xiao (Monti Castiñeiras).

O propio director recoñeceu que este filme ten xa 25 anos, pois aquela viaxe que fixera de 10 pola nosa bisbarra marcouno. “O que me transmitiu a natureza foi o que o empurrou a facer unha película nesta zona. Quero recoller os sons e os acentos da Costa da Morte. Encántanme o Monte Pindo, a Pedra do Abalar e a Furna da Buserana. Aspiro a que esta película sirva a todos os galegos e galegas a coñecer e valorar o noso patrimonio”, apuntou o director.

Atención especial témoslle que dar á actriz fisterrá Marta Lado. “Estou orgullosa de aportar os referentes principais da Costa da Morte á película”. Ademais, o filme estalle servindo para coñecer aínda máis a súa terra. “O equipo estame esinando a valorar os pequenos detalles desta costa que se me escapaban… Fiquei moi contenta ter a ocasión de ver como é a pesca do Cerco, xa que nunca pensara que o seu traballo fora tan duro, e agora valora moito máis a todos os mariñeiros”.

Ignacio Vilar Marta Lado e Monti Castineiras de Sicixia en Fisterra-Foto-Dario GomezO equipo de rodaxe de Sicixia gravando nun barco do cerco de Camariñas

O filme, nas grandes salas

Falou Jacobo Sutir, director da AGADIC, entidade pública que decidiu apoiar este proxecto fundamentalmente polo guión e as localizacións escollidas e non teñen dúbida de que será un éxito e levará a Costa da Morte por todo o mundo. Asegurou que Agadic levará o filme a todos os Concellos, pero tamén asegurou que estará en todos os cines comerciais de Galicia, moi especialmente ao de Cee. “Se o filme aguanta ou non na carteleira dependerá de un pouco se a película gusta ou non”, destacou.

A concelleira Teresa Fdez. valorou que os ”veciños de Fisterra están moi contentos de ter o equipo na vila por esas charlas pola rúas e nas tabernas”, e sabe que este filme traerá turismo á zona, nunha idea semellante á teniente alcalde de Camariñas, Sandra Insua, que valora que o son das palilleiras tamén forme parte do filme.

Presentacion da rodaxe do filme Sicixia en Fisterra-Foto-Dario Gomez Presentación da rodaxe do filme Sicixia en Fisterra-Foto-Darío Gómez

Máis información

Novas cinematográficas

Fonte

Imaxes rodaxe Pesca do Cerco (Camariñas): Vía Láctea Filmes.

Comentarios