sábado. 09.11.2024
El tiempo

O Carballo Interplay estrea o premio ao Mellor Contido Dixital en Galego

Iago Gordillo Maria Rua  Laura Veiga Sara Seco e Rodri Miguez creadores contido dixital galego
Iago Gordillo, María Rúa, Laura Veiga, Sara Seco e Rodri Míguez, son os finalistas a Mellores creadores de contido dixital en galego
O Carballo Interplay estrea o premio ao Mellor Contido Dixital en Galego

Facía falta este premio aberto que recolla todos os formatos e poida premiar á xente que está facendo contido dixital en galego. Podcast, videopodcast, redes… a calidade de contidos que se están xerando nas plataformas dixitais no noso país é tremendo, e de aí que o festival de referencia, Festival Carballo Interplay, estree neste 2024 o Premio ao Mellor Contido Dixital Galego.

Tomade boa nota do finalistas porque vos van abrir unha liña para disfrutar do talento galego na rede, nomeadamente en Youtube, Tik Tok ou Instagram, como xa se viu nos Premios Youtubeiras. Presentáronse 24 candidaturas, das que saíron 10 finalistas que presentarán os seus proxectos no propio Carballo Interplay, onde o xurado formado por Gabri Fuentes, Cibrán Tenreiro e Andrea Villa seleccionará os proxectos gañadores o día 5 de abril na xornada da tarde.

Na categoría de mellor canle destacou o traballo de cinco proxectos:

FINALISTA CREACIÓN DIXITAL - OU KE CADRADO

  • O medio de comunicación ourensá OU Ké!, no que tratan temas relacionados coa política, a cultura ou o deporte dende un punto de vista humorístico;
exercito mekemeke
@exercito_mekemeke
  • O videopodcast de humor e lifestyle Exército Mekemeke, retransmitido dende Ames Radio e conducido polo xalleiro Carlos Vieito, Lidia Veiga e Miguel Gómez Abad. É o primeiro podcast en galego candidato a un Premio Ondas.

FINALISTA CREACIÓN DIXITAL - Rebelico

  • Rebelico Revista, un medio que difunde en redes sociais e na súa web sobre cultura tradicional galega;
FINALISTA CREACION DIXITAL - toxio
Toxío
  • TOXÍO, un proxecto multiplataforma sobre viaxes con especial atención tamén ao veganismo e a defensa dos Dereitos Humanos. Son ademais da Costa da Morte, e residentes en Malpica.
FINALISTA CREACIÓN DIXITAL - OFaiado_01
OFaiado
  • O Faiado Podcast, un videopodcast de conversas e humor dirixido á xeración Z e realizado por oito estudantes dende a Universidade de Santiago de Compostela.

Na categoría de mellor creador ou creadora seleccionáronse outros cinco finalistas:

  • Iago Gordillo, creador de Recuncho Gamer, un espazo de divulgación sobre videoxogos en redes;
  • Rodri Míguez, creador de contido en Tik Tok sobre música galega;
  • Laura Veiga, creadora da conta @Pingando.gal, na que trata temas de divulgación menstrual e saúde sexual;
  • María Rúa, coñecida en redes como Prado Rúa (@prado_rua), creadora de contido sobre cultura e actualidade.
  • Sara Seco (@sarasecorial) , popular en Tik Tok polos seus vlogs e vídeos de lifestyle.

Xornada do panorama dixital galego

EXERCITO MEKEMEKE no Carballo Interplay 2024

Moitos destes finalistas participarán nas actividades programadas para o xoves 4 de abril. Unha xornada destinada a que estudantes e curiosos descubran todo o que o panorama dixital galego pode ofrecer, da man dos seus protagonistas. Nesta tarde o público poderá acudir ao primeiro programa en directo e con público do videopodcast Exército Mekemeke ou, durante a mañá, asisitir a unha batalla na que as armas son os mellores vídeos da internet, a Videoregueifa entre dúas das creadoras de contido máis queridas, Sara Seco e Malva (@todomal.va). Da man de Petiscos no Derby, un show creado polo podcast Café Derby 21, no que Adrián Lede, Nico Carreira e Carme D Prol conversarán coa creadora de contido sobre sostibilidade Paula Vilavoy (@blondiemuser), a tiktoker especializada en maquillaxe Paula Jorge (@paulablackmakeuplover), o cómico Pablo Meixide (@pablomeixe), o creador de contido sobre música Rodri Míguez (@rodrimiguez) e a actriz Lida Veiga, nun programa centrado no panorama actual da rede galega e os seus desafíos. Todas as actividades contarán con retransmisión en streaming.

REPASO HISTÓRICO DO CARBALLO INTERPLAY

Comentarios