O comercio carballés aprende a modernizarse e a integrarse no novo urbanismo


Nova actividade da Concellería de Promoción Económica do Concello de Carballo pensada para o comercio. Serán dúas xornadas de dinamización do comercio os días 11 e 18 de marzo de 21:00h a 22:30h no Forum Carballo. “Fai rendible o teu comercio” e “O urbanismo no meu comercio” serán os temas dos talleres, para os que xa está aberto o prazo de inscrición.
A primeira, titulada “Fai rendible o teu comercio”, centrarase nos investimentos e técnicas que poden utilizar os empresarios para mellorar a rendibilidade dos seus negocios. Será Jose Luis Mariño, xerente de Difega e especialista en Marketing feiral e do comercio, o que desenvolva estas xornadas informativas sobre a rendibilidade dos investimentos tecnolóxicos nos comercios e sobre a importancia de ter unha estratexia comercial definida.
Na segunda, “O urbanismo no meu comercio”, tratará sobre as vantaxes e os inconvenientes das peonalizacións. Beatriz Moar, Arquitecta Municipal do Concello da Coruña con experiencia nas áreas de Planeamento e Xestión do Solo, falaranos de como inflúe o urbanismo no comercio local da zona, en concreto da tendencia a facer peonís os centros urbanos.
Os comerciantes interesados en participar poden inscribirse na Oficina de Promoción Económica chamando ao teléfono 981 709 013 ou enviando un correo electrónico cos seus datos persoais a PAULALEMA@carballo.org.
Novas relacionadas
- Carballo abre novos proxectos de formación para 150 persoas.
- Novos cursos de formación laboral en Bergantiños.
- Os menús dos restaurantes de Carballo, un pouco máis saudables.
- A Cociña Saudable toma o edificio dos 100 actos.
- #inForum: En internet, 20 minutos é moito. 20 horas é un mundo.
- A tribu tecnolóxica galega avalou o #Fainoti con 10 historias singulares no TedxGalicia.
- Onde están os que invisten os nosos cartos ante tremendo nivelón?.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- O edificio dos 100 actos.
- 4 novos cursos de formación en cociña, restaurante, soldadura e electricidade en Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).