Xoves. 28.03.2024
El tiempo

PE Monteadugo-SET Morás: Outro mar de viraventos entre Arteixo, Carballo e A Laracha

Mapa do Parque Eolico de Monteagudo na Laracha e Arteixo
Mapa do Parque Eólico de Monteagudo
PE Monteadugo-SET Morás: Outro mar de viraventos entre Arteixo, Carballo e A Laracha

Despois de facer un cru repaso ao novo impulso eólico, que proxecta 39 novos Parques sobre a nosa xa castigada comarca, coa axuda das entidades medioambientais imos ofrecendo un pouco de luz sobre todo o que significa. Xa temos revisado máis dunha ducia de proxectos (Monte Chan e Pena dos Mouros (en Vimianzo, Laxe e Camariñas); Monte Agrelo e Muriño (en Cabana e Zas); Orzar e Tornado (en Carballo, Tordoia e Val do Dubra); Bustelo e Baralláns (en Cabana e Coristanco; Berdoias (en Vimianzo); Campelo, Bustelo e Monte Toural (en Coristanco, Carballo e Santa Comba); Banzas (en Outes e Mazaricos); Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado (en Vimianzo e Dumbría); Salgueiras (en Ponteceso); Corme G3 Repotenciación (en Ponteceso); ou O Cerqueiral (en Cabana, Coristanco e Santa Comba)).

Hoxe continuamos debullando outro destes escuros proxectos, como é o P.E de Monteagudo-SET Morás, promovido por Eólicos Breogán, e que afecta aos Concellos da Laracha, Carballo e Arteixo.

Un proxecto que xa nace torcido, pois a Liña Aéreo-subterránea de Alta Tensión (LASAT) xa está actualmente proceso de exposición pública, a pesar de que a Declaración de impacto ambiental foi pulicada no DOG do 21 de febreiro de 2013 (a nome doutra empresa), e o proxecto foi autorizado en 2016.
Precisamente este feito de sacar só a avaliación ambiental do proxecto da LASAT é “ilegal” para a Asociación Petón do Lobo, porque “deberían sacar a exposición pública o proxecto da LAT máis a avaliación ambiental conxunta do parque eólico e a liña de evacuación. Se non o fan así estamos a falar de fragmentación fraudulenta das instalacións, unha actuación ilegal”, sinalan dende a entidade, que tamén debulla o proxecto no seu espazo web.

LASAT PE Monteagudo cos lugares
Mapa das alternativas da Liña de Alta Tensión

Impacto

Ademais desta “fragmentación fraudulenta”, dende o colectivo denuncian que só a Liña de Alta tensión sitúase a 700 m da Rede Natura, en plena Zona de Reserva da Biosfera e en ZEPA (Zona de Protecciónd e Aves, situándose moi preto da lagoa de Baldaio, zona na que tería “unha afectación severa a “Humidais e avifauna”, segundo recollle o propio proxecto. En clave de humidal (que afecta tamén anfibios e outras especies), tamén sae perxudicada a lagoa de Sisalde.

Un proxecto que recoñece o seu “impacto severo aos recursos hídricos (Vulneración flagrante da Directiva Marco da Auga (DMA))”; e máis a afectación severa a Hábitats indetificados, como as Breixeiras húmidas atlánticas de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix, varias zonas de carballos Quercus robur e Quercus pyrenaica e bosques de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior.

Petón denuncia unha nova “Fragmentación severa de hábitats e perda de biodiversidade”, e destaca que a propia Declaración de Impacto Ambiental da Liña recoñece que hai unha “Ausencia de avaliación de impactos ambientais acumulados, sinérxicos e globais da totalidade de infraestruturas sobre o territorio afectado polo proxecto”.

Non podemos esquecer o “Impacto paisaxísto severo tanto para as distintas unidades paisaxísticas como miradoiros”, tendo unha incidencia directa sobre Baldaio, pero tamén sobre miradoiros como o do Monte de Cambre, Monte Má, Monte do Castro e o propio Areal de Baldaio. “A avaliación da promotora é claramente moi deficiente”, recoñece o propio documento de impactos da LAT.

As Conclusións da memoria, un exemplo da construción do país

O cadro resumo de afectacións, feito nun “taller de cidadanía” coordinado polo Petón do Lobo, recoñece a “Ausencia da Avaliación das repercusións do proxecto sobre a Rede Natura”; “o incumprimento da DMA”; a “falla a xustificación da necesidade e da oportunidade do proxecto”; ou a “falta de previsión da posibilidade de soterramento de toda a liña eléctrica”.

Así e todo, as Conclusións da Memoria presentada por Eólicos Breogán é ben significativa do proceso de destrución do país no que levamos décadas inserido. Como xa temos destruído case todo, non merece a pena conservar o que queda… “O estado de conservación xeral é malo debido á utilización intensiva do territorio con cultivos, explotacións forestais e industriais e asentamentos poboacionais dispersos (…) Non aparecen especies raras, endémicas ou protexidas (…) nin ningún taxon incluído no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas (CNEA), nin no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA) (…) polo que non apreciamos, en principio, dende o punto de vista botánico que o desenvolvemento do citado proxecto teña repercusións negativas sobre a vexetación da zona”.

Alegacións

As entidades ofrecen un modelo de alegacións para descargar e presentar.

Novas sobre os eólicos

Máis relacionados

Comentarios