O Rexenera Fest prepara a gran festa de broche final

Ao longo da semana os artistas Alba Fabre, Udatxo, Twee Muizen, Marija Tiurina e Daan Botlek visten coa súa arte cinco paredes de Carballo no marco do festival Rexenera Fest. Se ollades o mapa poderedes facer a ruta que están a facer algunhas escolas galegas, visitando o festival no seu momento álxido.
Alba Fabre está pintando unha parella na avenida da Milagrosa. Udatxo quixo retratar na rúa Coruña, a Marcelino, un coñecido panadeiro da historia do pobo, solidario en tempos de postguerra. Parte da súa familia acercouse ata o mural, con emoción, para mostrarlle o seu agradecemento á artista vasca.
Twee Muizen son dous, Denís e Cris. A súa obra, situada na rúa Gran Vía, é unha peza moi identificable co seu estilo, un regalo que chega do seu estudio ata Carballo, caracterizado pola liña limpa e a combinación de cores.
A lituana Marija Tiurina, na rúa Oriente, conta unha historia sen necesidade de palabras.
E Daan Botlek, na rúa Grabador Manuel Facal, fai unha representación a gran escala da súa habilidade coa forma, a xeometría, o uso dos bloques de cor e a adaptación da obra ao espazo.
Gran Festa
O sábado 11 o festival porá o lazo final a estas xornadas con catro actividades:
- De 13.00 a 14.30 Familia Caamanho dará un concerto na Rúa Coruña, Nº2, á altura da Ludoteca.
- De 14.30 a 16.00 DJ Mil collerá o relevo musical pinchando na mesma localización.
- De 19.00 a 21.00 volve "Buscando ouro", un xogo de pistas a modo dunha peculiar busca do tesouro. Os participantes terán que mergullarse de cheo na arte urbana esparexida polas rúas de Carballo, resolver as pescudas que se lles vaian dando e descifrar as incógnitas incluídas nos propios murais para poder chegar á meta e atopar o ansiado ouro.
- De 00.00 a 03.00 DJ Mil fará o doblete pinchando na festa de peche no Patacón (Rúa Ourense, 19).
Artigos relacionados
- Xarda: Profesionalizando o muralismo.
Novas do Rexenera
- 2022: O Rexenera Fest xa engalana as paredes de Carballo.
- 2022: O RexeneraFest volve traer o antídoto contra o feísmo.
- Agosto 21: 4 novas obras de arte e moitas experiencias tras unha nova edición do Derrubando Muros con Pintura.
- Agosto 21: A veciñanza valora a aposta do Derrubando Muros polos novos talentos carballeses.
- Xuño 2021: “O Rexenera Fest fai Carballo máis camiñable e agradable de pasear”.
- Maio 21: O Rexenera Fest, a mellor vacina contra o feísmo.
- Rexenera 20: Xosé Regueira, sobre o Rexenera Fest: "Necesitabamos osixenar a mente e a cultura é a mellor maneira de facelo”.
- Rexenera 2019: Así son os novos murais que enchen a Carballo de máis cor.
- 2019: A arte urbana segue reinventando a Carballo.
- Rexenera 2018: Carballo suma cinco novas obras de arte á súa galería ao aire libre.
- Rexenera 2017: O Rexenera Fest enche de cor as fachadas de Carballo
- Rexenera 2017: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest
- Rexenera 2016: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest.
- Rexenera 2015: Carballo, de exemplo de feismo urbanístico a gran museo ao aire libre.
- 2014: A documental que derruba muros con pintura .
- 2013: Pintando muros para derribar barreiras.