A ZonaPRO do Interplay analiza como cambiou a comunicación en internet na última década

O 10º aniversario do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay servirá para facer unha retrospectiva e ver como foron mudando os xeitos de comunicar en internet na última década.
Será na zonaPRO, a sección na que os profesionais do sector audiovisual e da rede a que reflexione os cambios de plataformas, formatos, medios… na xornada matutina do venres 31 de marzo.
A sesión comezará ás 11:00 horas con “Do podcast ao show”, unha conversa con talentos e axencias que recollen a reflexión feita o ano pasado arredor do podcast, dándolle unha volta aos programas que conseguen convertelo en espectáculo. Responderán á preguntas como “Que ten que ter un podcast para que o público ansíe velo en directo e interactuar cos presentadores?” xentes como Marta Salicrú, directora de Radio Primavera Sound, Iago Regueiro, de Etiqueta Negra, Tomás Fuentes, de La Ruina, e Alba Riera, do podcast Dentro, producido por Radio Primavera Sound.
Tomaranlles o relevo ás 12:00 o medio ACOUSA, un novo medio creado por e para a xeración Z, en galego, sobre novas tendencias. Erika Irusta e Noelia Ramírez ofrecerán a charla "Novos xeitos de habitar Internet”.
Xa ás 13:00h diferentes representantes das canles públicas CRTVG e RTVE LAB farán un percorrido polos cambios que experimentou o seu xeito de comunicarse.
Networking
Haberá un tempo de reunións de 10 minutos para promocionar a coneción creadores e creadoras, talents e profesionais e produtoras.
solicitar acreditación antes do 28 de marzo.
Novas deste Interplay
- O Carballo Interplay escolle 16 das 200 webseries propostas para competir no certame.
- O Interplay vai debullando o programa de talleres e shows do seu 10º aniversario.
- 2023: O Carballo Interplay cumpre 10 años poñendo en valor o talento galego na rede.
Repaso histórico DO CARBALLO INTERPLAY
- 2022: O “necesario” Carballo Interplay pechou a súa 9ª edición cunha boa “desfeita”
- 2022: O Carballo Interplay arrincou poñendo en valor o talento galego da rede.
- 2021: O Carballo Interplay recibe o Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2021.
- 2021: O Carballo Interplay 2021 ofreceu ao mundo unha inmellorable panorámica da innovación na rede.
- 2021: Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas.
- 2020: A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay
- 2020: Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"
- 2019: Paula Vázquez: O Interplay moi ben, pero falta Carballo
- 2019: O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global.
- 2018: Dinosaurio, a webserie do Interplay que narra a caída mundial da internet.
- 2018: O Interplay volveu convertir Carballo na capital estatal dos contidos dixitais.
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- 2015: O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.