A Costa da Morte manifestarase o 14 de abril por un Monte Pindo Parque Natural
Xa o avisabamos o pasado venres, O Monte Pindo non será parque natural trala negativa por parte do PP no Parlamento. A Proposición non de lei tratada na Comisión 7ª do Parlamento Galego en favor da protección e dinamización do Olimpo Celta de Otero Pedraio, saldouse con 5 votos a favor de BNG e PSOE fronte aos 7 votos en contra do PP.
E as reaccións por parte dos colectivos sociais e conservacionistas non se fan esperar. O pasado venres, o a Monte Pindo Parque Natural, en colaboración con ADEGA, daban unha rolda de prensa na que ademais de rexeitar a política do PP anunciaron mobilizacións. Unha rolda de prensa secundada ademais polo alcalde carnotán, Moncho Noceda, comprometido coa protección, ata o punto de estar convencido de que "o Parque Natural xeraría novas posibilidades de desenvolvemento na localidade".
Os colectivos sinalan que a causa da negativa do PP pode ser derivada a "criterios económicos, dado que saben perfectamente que a declaración de Parque Natural implica asumir por lei compromisos firmes mediante o establecemento de prazos e dunha partida económica específica que garantan que esta protección sexa útil e efectiva".
Mobilización o 14A
Por todo isto, a Asociación Monte Pindo convoca unha manifestación nacional a prol do Parque Natural do Monte Pindo, que terá lugar o sábado 14 de abril no Pindo (concello de Carnota) e que servirá para demostrarlle á Xunta o multitudinario respaldo con que a iniciativa conta entre a sociedade, os expertos e os axentes sociais.
Novas relacionadas
- O Monte Pindo non será parque natural…por agora.
- A Xunta aproba os 3 novos saltos no río Xallas.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Un ano de recollida de sinaturas a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
Outras novas
- Concello e Comunidades de Montes de Carnota toman nota dos coidados do Monte Cabalar na Estrada.
- Carnota tamén quere ampliar os seus horizontes no seu agro.
- Carnota revive o seu agro.
- A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas.
- Os dirixentes aprenden o significado da sustentabilidade nas Aulas Costa da Morte en Carnota, Laxe e Zas.
- Carnota custodia o territorio.
- Especialistas internacionais introducirán a construción ecolóxica na Costa da Morte.