Luns. 22.04.2019
El tiempo

Carnota tamén quere ampliar os seus horizontes no seu agro

Carnota tamén quere ampliar os seus horizontes no seu agro

O Salón de Actos do Concello de Carnota acollía este pasado martes 22 de novembro a presentación do Proxecto Novos Horizontes, do GDR Costa da Morte. Un Proxecto de Cooperación Interterritorial que trata de recuperar a semente tradicional, e que Carnota, un concello con experiencia en materia de agricultura ecolóxica e intención na recuperación e dinamización do seu agro, pode ser un concello piloto perfecto.

Uns 30 asistentes atenderon as verbas de presentación dos membros do GDR, que non eran outros que Diego Miranda Barrós, técnico de proxectos da Universidade de Santiago de Compostela e que forma parte da Secretaría Técnica do proxecto; Domingo Lojo Caamaño, xerente da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, ASDECOMOR; e o mesmo José Antonio Vila García, xerente da Asociación Costa da Morte GDR.

O sentido do proxecto resúmese na conservación, mellora e posta en valor de material fitoxenético autóctono e dos recursos vexetais dos territorios, mantendo as explotacións agropecuarias; animando á diversificación produtiva; trasladando experiencias a outros territorios; informando á poboación sobre as oportunidades de emprego no en iniciativas de diversificación do sector primario; animando e mellorando a información sobre prácticas agrícolas respectuosas co medio, etc…

Para iso serán varios pasos necesarios:

  • A identificación e avaliación conxunta das producións tradicionais e novos cultivos con potencial en cada territorio, en función das súas propiedades nutricionais, terapéuticas, cosméticas ou téxtiles;
  • A identificación de terras ociosas susceptibles de pórse en produción;
  • A identificación en cada territorio de mulleres, mozos, desempregados, colectivos en risco de exclusión e persoas interesadas en incorporarse a actividade agraria.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios