mércores. 11.12.2024
El tiempo

A comunidade de Carnota cumpliu 6 semanas de reivindicacións

Concentracion Carnota contra os recortes
A comunidade de Carnota cumpliu 6 semanas de reivindicacións

Volveron as familias de Carnota e O Pindo concentrarse na Praza da Pedra. 6 semanas de mobilizacións, esixindo “unha escola pública digna”, e denunciando problemas eternos como a “burocracia infinita, as infraestructuras obsoletas, o desvío de recursos a concertada, os recortes paulatinos,…”

Concentracion Carnota contra os recortes 2

Así o leron durante o manifesto desta nova concentración, a última das mobilizacións, ademais da folga de asistencia a aula, pero deixando claro que non van parar. “Seguiremos loitando podemos perder, pero se non loitamos estamos perdidos”.

Para denunciar a política da Xunta, leron os nomes dos 121 alumnos e os 32 do Pindo 32, porque son nenos, non números.

As familias asintaron un mural reivindicativo e deron conta da súa retranca cunha marea de esquelas singulares, facendo referencia aos funerais das pasadas semanas polo ensino público.

Concentracion Carnota contra os recortes-Murao

Concentracion Carnota contra os recortes-Esquelas

Máis novas

Comentarios