Venres. 19.04.2024
El tiempo

O lirio do Monte Pindo aínda vive

O lirio do Monte Pindo aínda vive
O lirio do Monte Pindo-Foto-Santi Llecha

Non deixan de achegar razóns para convertir o Monte Pindo en Parque Natural. Despois das ducias de achádegos patrimoniais, hoxe dende a AMPPN tráennos un descubrimento natural: o lirio de monte ou do Xurés (Iris boisseri Henriq.) existe no Monte Pindo e que polo tanto non está extinta.

Así o afirman tras atopala esta fin de semana durante a visita guiada polo Monte Pindo, no marco das VIII Xornadas de Pesca organizadas pola Confraría de Pescadores da localidade. Concretamente trátase dos socios da AMPPN María Lago Cambeiro, Amadeo Castro Lago, Xiana Castro Lago, Inés e Pedro Vázquez Santos e Cristian Ronquete, que foron os que deron cos exemplares avistados, identificárona coa especie en perigo de extinción que levaban dous anos buscando.

Foi Javier Amigo, profesor de botánica da USC o que catalogou esta especie no Monte Pindo, malia que levaba máis de media década sen poder constatar a súa presenza. Presenza, iso si, de auténtica supervivencia, con apenas un par de colonias no Xurés, nos Ancares e agora na Costa da Morte.

Outras especies endémicas e protexidas

Fento Davalia canariensis no Monte Pindo

Dase a circunstancia de que este lirio apareceu xunta outra das especies escasas que hai no monte, a Centaurea corcubionensis, un fermoso endemismo desta zona da costa cuxa supervivencia se da por garantida polo bo número de exemplares presentes no Monte Pindo.

Ademais, durante a fin de semana tamén viron outra especie protexida, a Davallia canariensis, un fento moi escaso denominado tamén cabriña ou fento do carballo. Foi Alfredo López o descubridor neste caso.

Novas relacionadas

Comentarios